- As cabichas, as latas de bebida e as palliñas, cubertos ou vasos de plástico foron algúns dos residuos máis atopados nesta edición.
- A campaña de ciencia cidadá ‘1 m2 polas praias e os mares’ organizada polo Proxecto LIBERA, mobilizou a máis de 4.500 persoas voluntarias para caracterizar e liberar de lixo as costas españolas.
Cerceda, a 1 de outubro de 2021.- Desde o sábado 18 de setembro -coincidindo co Día Internacional de Limpeza de Praias (World Clean Up Day)-, ata o domingo 26, máis de 4.500 persoas voluntarias participaron na quinta edición da campaña de ciencia cidadá ‘1 m2 polas praias e os mares’, organizada polo Proxecto LIBERA, de SEO/ BirdLife en alianza con Ecoembes. Durante este período retiráronse 6,7 toneladas de residuos abandonados nestas contornas.
As recollidas tiveron lugar nun total de 258 puntos en todo o país e procedeuse á caracterización 61.483 residuos.
Un ano máis, a campaña contou co apoio de S.M. Réinaa Dona Sofía, quen colabora desde o ano 2018 co Proxecto LIBERA a través da Fundación Reina Sofía. Así mesmo, destaca a participación de organizacións tales como Cruz Roja Española e Asociación Hombre y Territorio, entre outras.
Ademais, a colaboración coa Rede de Vixiantes Mariños, unha iniciativa da ONG Oceánidas, mobilizou a case 800 mergulladores voluntarios en 30 puntos do país, conseguindo retirar un total de 1,8 toneladas de residuos nos fondos mariños.
CABICHAS E LATAS DE BEBIDA, ENTRE OS RESIDUOS MÁIS FRECUENTES
Entre a basura máis atopada e caracterizada, destaca a presenza das cabichas, as latas de bebida e as palliñas, cubertos ou vasos de plástico. Séguenlle as pezas de vidro e as botellas de plástico.
Os participantes empregaron a aplicación móbil MARNOBA, desenvolvida pola Asociación Vertidos Cero e KAI Marine Services para caracterizar os refugallos.
Estes datos sumaranse aos máis de 430.000 obxectos xa caracterizados e que LIBERA recompilou no seu ‘Barómetro de la Basuraleza’, para integrarse así na base de datos do MITECO.
Fonte e imaxe: Ecoembes