- Entidades científicas, educativas e divulgativas volcáronse na loita contra o abandono de lixo na natureza achegando o seu coñecemento, prestixio e experiencia.
- Entre as alianzas do Proxecto LIBERA están as establecidas con Cruz Roja, a Fundación Reina Sofía, a Dirección General de Tráfico, o CSIC, a FEMP, a Asociación del Deporte Español, Paisaje Limpio, Vertidos Cero ou Save The Med, entre outras.
Cerceda, a 24 de febreiro de 2021.- Desde o seu lanzamento, fai case catro anos, o Proxecto LIBERA, promovido por SEO/BirdLife en colaboración con Ecoembes, foi racabando apoios para loitar de forma efectiva contra o abandono de lixo na natureza. De feito, xa son 1.180 as entidades científicas, educativas, divulgativas e da Administración pública que están a colaborar nesta iniciativa, tendo desenvolvido 29 alianzas con entidades de gran prestixio no seu ámbito e con proxectos de longo percorrido, permitindo sumar forzas para materializar accións en distintas contornas naturais.
CONTORNAS MARÍTIMAS, FLUVIAIS E TERRESTRES
A retirada de residuos dos mares, fondos mariños e o litoral lévase a cabo da man de organizacións tales como Cruz Roja, Oceánidas, a Federación Española de Actividades Subacuáticas e Submon.
Así mesmo, a través do proxecto ‘Med Ghost Fads’, LIBERA traballa con Save The Med ante a ameaza que supoñen para as tartarugas e aves mariñas os artefactos de pesca pantasma, cordaxes e lixo á deriva. Pola súa banda, a Asociación Española de Basuras Marinas encárgase do Foro Internacional MARLICE, e Ecomar organiza limpezas xunto con nenos e nenas en diferentes puntos do litoral español.
O 80% dos residuos que acaban no mar procede da contorna terrestre, sendo os ríos un factor de dispersión e principal vía de transporte de lixo ata o mar.
Grazas á colaboración da Asociación Hombre y Territorio ( HyT), presentouse en 2020 un protocolo pioneiro de mostraxe, detección, análise e interpresentación de microplásticos en ríos e outros ecosistemas acuáticos continentais que permite propoñer solucións baseadas na ciencia e nos datos obtidos a través de ciencia cidadá.
LIBERA conta tamén co traballo da Asociación de Naturalistas del Sureste (ANSE), Adenex e distintas Confederacións Hidrográficas.
No ámbito terrestre, leva a cabo distintas tarefas coa Fundación Ouo Pardo, a Federación aragonesa de espeleología e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
SENSIBILIZACIÓN
Un dos piares de LIBERA para evitar que a basuraleza chegue ás contornas é a prevención a través da sensibilización de distintos públicos. Para iso conta co apoio da Asociación del Deporte español ADESP), a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a Dirección General de Tráfico, a Fundación Caixa de Burgos, a Federación Española de Asociaciones de Puertos Deportivos y Turísticos ( FEAPDT) e, por suposto, a Fundación Reina Sofía.
Grazas á participación de toda a súa rede de alianzas, LIBERA consegue saber máis sobre a cantidade, composición e orixe da basuraleza a través das súas campañas de ciencia cidadá en ríos, praias e montes Unha recollida de datos imprescindible para poder identificar solucións eficaces que as asociacións Vertidos Cero e Paisaje Limpio fixeron posible ao desenvolver dúas ferramentas pioneiras como as apps móbil ‘ eLitter’ e MARNOBA.
Fonte: Ecoembes
Imaxe: Libera