
- As cabichas volven a encabezar a lista dos refugallos máis atopados, seguidas de pequenas pezas de plástico, toalliñas húmidas, latas de bebida e botellas de plástico
Cerceda, a 17 de marzo de 2025.- O Proxecto LIBERA, impulsado por SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, presentou recentemente a Memoria 2024, ano no que caracterizou máis de 300.000 residuos e recolleu preto de 111 toneladas en máis de 2.100 espazos naturais.
Entre os residuos máis atopados e mapeados, as cabichas (12.291) volven A encabezar a lista, seguidas de pequenas pezas de plástico (10.503), toalliñas húmidas (4.733), latas de bebida (3.600) e botellas de plástico (3.373).
Toda a información recompilada integrouse de maneira pública no ‘Barómetro da Basuraleza’, dentro da web proyectolibera.org e na base de datos do MITECO, contribuíndo así a un maior coñecemento e unha mellor xestión do problema no noso país.
Tamén en 2024, Libera publicou o seu segundo informe cos datos obtidos en 559 caracterizacións en 17 espazos naturais representativos de cada comunidade autónoma. O estudo mostra como se produce unha maior acumulación de residuos na contorna das áreas recreativas dos espazos naturais que na proximidade dos leitos e nas zonas de monte.
Nas áreas recreativas predominan os residuos vinculados a usos turísticos e de lecer, como cabichas, pezas de plástico, envoltorios, fragmentos de vidro, etc. Na contorna dos leitos, os máis abundantes poden estar máis vinculados ao arrastre pola auga de obxectos que se tiran polo inodoro e son vertidos desde as depuradoras, como as toalliñas húmidas. Mentres que, no monte, a presenza de refugallos semella estar asociada, alomenos en parte, ao seu abandono intencionado en zonas pouco visibles para evitar ter que depositalos nos lugares habilitados, coma os restos de materiais de construción.
Colaboración de 2.508 entidades e 34.000 voluntarios
Todos estes datos foron posibles grazas ao compromiso de 2.508 entidades e os 34.000 voluntarios que en 2024 sumáronse ás recollidas organizadas por LIBERA. As administracións públicas tamén desempeñaron un papel crave nesta rede. De feito, 218 novos municipios sumáronse á iniciativa #MiPuebloSinBasuraleza, elevando a 973 o número total de localidades comprometidas.
De todas as campañas de educación e concienciación despregadas polo proxecto, cabería destacar a que leva por lema ‘Menos é Más’, que pon o foco na necesidade de reducir a xeración de residuos a través dun consumo responsable e consciente, lembrando que o mellor residuo é o que non se produce.
Fonte e imaxe: Libera