- Baixo o lema “1 kg de vidro por 1 kg de alimentos”, este SIX lanzou unha campaña solidaria a beneficio da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) co obxectivo de axudar aos máis necesitados e promover a reciclaxe de envases de vidro.
Cerceda, a 4 de decembro de 2020.- Co lema “1 kg de vidro por 1 kg de alimentos”, Ecovidrio lanzou unha campaña solidaria a beneficio da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) co obxectivo de axudar aos máis necesitados e promover a reciclaxe de envases de vidro.
A iniciativa desenvolverase en 44 municipios de todo o país ata o próximo 15 de decembro e habilitaranse 152 contedores vinilados. Por cada quilogramo de vidro que deposite o cidadán nos iglús verdes, Ecovidrio doará un quiloogramo de comida aos Bancos de Alimento, á vez que conciencia sobre a importancia que ten o reciclado de envases de vidro para o coidado do medio ambiente.
VANTAXES AMBIENTAIS
O vidro que se deposita nestes recipientes recíclase ao 100% e utilízase para a fabricación de novos envases, de forma indefinida e sen perder as propiedades orixinais.
Reciclar vidro é un elemento clave na loita contra o cambio climático. Ao usar calcín –vidro reciclado– na fabricación de novos envases, evítase a extracción de materias primas da natureza, minimízase a emisión de CO2 no proceso de fabricación e afórrase enerxía.
En 2019, e respecto do ano anterior, incrementouse a recollida selectiva dos envases de vidro nun 6,6%, batendo España un novo máximo histórico na reciclaxe deste material. De feito, os españois reciclan un 30% máis que fai 5 anos.
Desta forma, o pasado exercicio logrouse:
- Evitar a emisión de 556.061 toneladas de CO2 equivalente, unha cantidade equiparable a retirar 260.000 coches da circulación ou percorrer en avión máis de 100.000 veces a distancia entre España e Australia.
- Evitar a extracción de 1.150.470 toneladas de materias primas (areas, sosa, caliza), un peso equivalente a máis de 3 veces o Empire State Building e que ocuparían 58 veces o volumen da Xiralda de Sevilla.
- Aforrar 684.721 MWh de enerxía equivalente o consumo enerxético de todos os hospitais de España durante dous meses.
Fonte e imaxe: Residuos Profesional