- Este logro enmárcase no proxecto “A Alimentación non ten desperdicio”, que coordina AECOC e no que colaboran máis de 470 compañías da industria e a distribución alimentaria.
- Se ben o desperdicio alimentario ten lugar nas diferentes fases da cadea de valor, o fogar, cun 42%, é o ámbito que máis contribúe a este fenómeno.
- A ausencia de orde no frigorífico constitúe unha das principais razóns, así como a falta de planificación á hora de facer a compra.
- AECOC coordinará, por segundo ano consecutivo, a semana contra o desperdicio alimentario a fin de levar a cabo accións de sensibilización sobre un problema con graves consecuencias ambientais, económicas e sociais.
- Europa xera o 14% do desperdicio de alimentos a nivel mundial e España é o sétimo país do continente que máis desperdicia, con 7,7 millóns de toneladas.
Cerceda, a 13 de maio de 2019.- No marco do proxecto “A Alimentación non ten desperdicio”, que coordina AECOC e no que colaboran máis de 470 compañías da industria e a distribución alimentaria, logrouse que as principais empresas de distribución do país reduzan o seu desperdicio alimentario nun 58% durante os cinco últimos anos.
O derroche de comida ten lugar nos diferentes elos da cadea de valor. Segundo datos da Comisión Europea, o 39% xérase durante a produción de alimentos; o 14% na hostalería; o 5% na distribución; e o 42% no fogar. Neste último caso, e aínda que a comida refúgase por diferentes motivos, a falta de orde no frigorífico constitúe unha das principais razóns, toda vez que impide saber con precisión que produtos se atopan no mesmo.
Segundo un estudo da plataforma AECOC Shopperview, as froitas e as hortalizas son os artigos que, en maior medida, se desbotan no ámbito doméstico, seguidos do pan e cereais, así como das comidas preparadas ou precociñados.
Neste sentido, a organización proporciona unha serie de consellos para que os alimentos non acaben arroxados ao cubo do lixo. Planificar ben a compra constitúe o primeiro paso, resultando conveniente facer unha lista, previa revisión da despensa e o frigorífico para saber con exactitude o que temos e o que necesitamos adquirir.
Neste escenario, a Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC) coordinará, por segundo ano consecutivo, a semana contra o desperdicio alimentario a fin de levar a cabo accións de sensibilización sobre un problema con graves consecuencias ambientais, económicas e sociais.
No marco da mesma, celebrarase o VII Punto de Encontro AECOC contra o desperdicio alimentario, que terá lugar en Madrid o próximo mes de setembro, e no que se darán cita máis de 300 profesionais europeos da cadea agroalimentaria para loitar de forma conxunta contra o desperdicio alimentario, intercambiando ideas e experiencias.
Cabe recordar que Europa xera o 14% do desperdicio de alimentos a nivel mundial e España é o sétimo país do continente que máis desperdicia, con 7,7 millóns de toneladas.
Así as cousas, no ano 2012 o Consello Directivo de AECOC aprobou a posta en marcha dun proxecto de colaboración entre todos os canais da cadea (sector primario, industria, distribución, administración e bancos de alimentos) que se atopa apoiado por máis de 450 empresas fabricantes e distribuidoras do sector do gran consumo, servizos loxísticos e transporte.
As empresas integradas neste proxecto lograron reducir nun 30% a cantidade de produto desperdiciado nestes 7 anos, ademais de incrementar, nun 13%, a cantidade de produto que, tras non ser comercializado, foi doado a entidades benéficas.
Fonte: Retema
Saúdos, Departamento de Comunicación