- No marco do 11º Congreso Nacional de Reciclaxe de Papel, promovido por Recapar baixo o lema “O noso papel no futuro”, expertos nacionais e internacionais debateron sobre os grandes retos aos que se enfrontará o sector nos próximos anos.
- A pesar da complexa conxuntura actual, o presidente de Repacar, Manuel Fernández, mostrouse optimista ao sinalar que, “co novo paquete de medidas impulsado pola Comisión Europea na denominada Economía Circular 2.0, estamos ante unha oportunidade histórica para buscar un novo contexto normativo”.
- Stéphane Armange, director xeral de FCR (Paprec Group), sinalou que a enorme baixada das importacións chinzs desequilibrou o mercado mundial do papel e cartón recuperado, resultando clave incrementar a calidade desta materia prima secundaria.
- O evento culminou coa entrega do premio “Unha vida recuperando papel”, que nesta ocasión foi concedido a BEOTIBAR RECYCLING e a Iñaki Vidaurrazaga.
Cerceda, a 4 de novembro de 2019.- Baixo a organización de Repacar, en días pasados celebrouse o 11º Congreso Nacional de Reciclaxe de Papel, no que se deron cita os principais actores desta industria.
Baixo o lema “O noso papel no futuro”, expertos nacionais e internacionais debateron sobre os grandes retos aos que se enfrontará o sector nos próximos anos.
O presidente de Repacar, Manuel Fernández, recoñeceu a conxuntura complexa que atravesa este material, “caracterizada por unha gran perda do seu valor económico por causa dos desacoples que sofre desde fai dous anos o mercado global”. Sen embargo, mostrouse optimista ao sinalar que, co novo paquete de medidas impulsado pola Comisión Europea na denominada Economía Circular 2.0, “estamos ante unha oportunidade histórica para buscar un novo contexto normativo que teña máis en conta a problemática da nosa industria”. Como exemplos para a mellora do sector, incidiu na “obtención do fin da consideración de residuo para o papel recuperado ou o establecemento dunhas competencias claras de xestión”.
Pola súa banda, Stéphane Armange, director xeral de FCR (Paprec Group), sinalou que “a enorme baixada das importacións chinas desequilibrou o mercado mundial do papel e cartón recuperado, sendo a clave para superar as restricións de lexislación china apostar pola calidade desta materia prima secundaria”.
O PAPEL DOS XESTORES NO FUTURO
A xornada incluíu unha mesa redonda “O papel dos xestores no futuro”, que contou coa participación de Daniel Sánchez-Patón, xerente do Sistema de Xestión Integrado de Calidade Pascual; Francisco Ortega, presidente de Packnet, e Ramón Vilella, administrador do grupo Ramón Vilella.
Sánchez-Patón explicou como serán os envases do futuro, con indicadores de calidade do produto ou da súa cadea de frío, así como os envases interactivos con códigos QR de promocións e xogos ou que a medio prazo os envases serán consumibles.
Francisco Ortega describiu as bonanzas do papel e a posibilidade de que este material ocupe o mercado que deixe a limitación do uso de plásticos; e Ramón Vilella incidiu nas necesidades do mercado para subministrar un produto de calidade ao usuario final.
O encontro foi aproveitado por Repacar para presentar unha nova aplicación, chamada Valora, que optimizará o control da calidade do papel recuperado nas plantas de xestión de residuos.
O evento culminou coa entrega do premio “Unha vida recuperando papel”, que nesta ocasión foi concedido a BEOTIBAR RECYCLING e a Iñaki Vidaurrazaga.
Fonte: Retema
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación