- EsPlásticos promoveu un macroproxecto tractor ao redor da circularidade dos plásticos e a innovación, coordinado por AIMPLAS, e que inclúe a creación dun centro de investigación focalizado na economía circular.
- As empresas adheridas ao proxecto agardan crear máis de 650 novos postos de traballo e reducir entre un 10 e un 25% a súa pegada de carbono no próximos catro anos.
Cerceda, a 10 de marzo de 2021.- No marco do Plan Europeo de Recuperación Next Generation EU e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a plataforma EsPlásticos promoveu un macroproxecto tractor ao redor da circularidade dos plásticos e a innovación. No mesmo participan 25 compañías do sector procedentes de 11 comunidades autónomas, estando aberto á adhesión de máis empresas.
Cun investimento previsto de 262 millóns de euros, as empresas adheridas confían en xerar máis de 673 novos postos de traballo e reducir entre un 10% e un 25% a súa pegada de carbono durante os próximos 4 anos.
A iniciativa está coordinada por AIMPLAS, centro tecnolóxico de referencia no sector do plástico, e contempla a creación dun centro de investigación focalizado na economía circular para o sector do plástico e que axudará a superar todas as barreiras que, a nivel de investigación, vai implicar o desenvolvemento de novos procesos e produtos.
O proxecto conta con 17 liñas de actuación orientadas cara ao ecodeseño e reciclabilidade dos produtos; a inclusión de novas materias primas máis sostibles e innovadoras; a modernización e incremento de capacidade en reciclaxe mecánica e química; a concienciación social; a calidade, trazabilidade, caracterización e etiquetaxe e creación de sistemas intelixentes de recollida de residuos.
Ademais, está previsto traballar en novos sistemas de Responsabilidade Ampliada do Produtor (RAP) para plásticos agrícolas, envases e embalaxes industriais e comerciais (como caixas de froita ou envases de produtos químicos) e outro tipo de produtos como redes de pesca e aparellos, palets e téxtis.
Desde o sector dos plásticos consideran que este macroproxecto contribuirá a reducir a xeración de residuos e a reintroducir os plásticos reciclados en novos produtos. Así mesmo, axudará a revitalizar un sector afectado polas regulacións e impostos que se van a aplicar e que, en España, representa o 21% da industria manufacturera e o 2,7% do PIB con máis de 3.000 empresas das cales o 98% son Pemes e micro pemes.
Fonte: EsPlásticos
Imaxe: Pexels