- Así o manifestou a secretaria xeral técnica de Aeversu, Belén Vázquez de Quevedo, durante unha entrevista concedida ao programa radiofónico Ecovoz, onde apelou á necesidade de valorizar enerxeticamente a parte non reciclable dos residuos para loitar contra o uso masivo do vertedoiro en España, foco de insalubridade e de impacto ambiental
- Enxalzou o exhaustivo traballo de control ambiental das industrias que transforman os residuos non reciclables en enerxía e calor, cunha permanente adaptación aos continuos requirimentos legais, así como a adopción de tecnoloxías de última xeración que lles permiten ter un alto grao de eficiencia
Cerceda, a 19 de febreiro de 2024.- Hai 25 anos que Aeversu, Asociación de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos, iniciou un longo e arduo camiño para poñer en valor a parte non reciclable dos refugallos a través da súa conversión en enerxía eléctrica e/ou térmica. Aínda que este proceso xa estaba entón perfectamente instaurado no norte de Europa, en España aínda era un descoñecido, xirando en torno ao mesmo múltiples mitos que o tempo encargaose de poñer no seu sitio.
Belén Vázquez de Quevedo, secretaria xeral técnica de Aeversu, participou no programa radiofónico Ecovoz, emitido por Radio Voz Galicia, para explicar o traballo que leva a cabo esta asociación, á que están adscritas 12 industrias (11 en España e 1 en Andorra), así como a situación da valorización enerxética no noso país; un sistema de xestión de residuos que debe seguir avanzando para loitar contra o uso e abuso do vertedoiro, a opción maioritaria de tratamento en España, e isto malia que ocupa o último posto na xerarquía promulgada pola Unión Europea debido ao seu negativo impacto para o medio ambiente e a saúde pública.
Neste sentido, Vázquez de Quevedo puxo de relevo o importante papel que desempeña a valorización enerxética para combater a vertedura, coa particularidade de que, a partir da mesma, obtéñense produtos de importancia estratéxica na sociedade actual, como son a electricidade e a calor, e todo isto cun exhaustivo traballo de control ambiental, de permanente adaptación aos continuos requirimentos legais e cunha estreita coordinación coas entidades europeas para estar ao día, e tamén participar, nos debates, mensaxes de futuro e adopción das tecnoloxías máis innovadoras que permiten ás industrias que forman parte de Aeversu gañar en eficiencia e asentarse como opcións veraces, reais e consistentes para evitar o vertedoiro.
Exemplos podémolos atopar en países como Noruega, Finlandia ou Dinamarca, con taxas moi altas de valorización enerxética e reciclaxe, situándose a vertedura en mínimos.
A secretaria xeral de Aeversu considera que na educación reside a esperanza dun futuro sostible. “O modelo imperante de usar e tirar, propio das sociedades modernas, fréase tomando conciencia do mesmo, pois a contorna non é capaz de sostelo, habendo unha alternativa, que é a economía circular”.
Sinala que o cambio percíbese nas novas xeracións, que xa se empezan a cuestionar o ter cousas en propiedade, sendo usuarias habituais de plataformas de intercambio e compras de segunda man. “Elas son as que van transformar a sociedade”, sentenciou.
Saúdos, Departamento de Comunicación