- Trátase dun material sostible con cores brillantes que varían ao detectar unha alteración na súa composición.
- A súa aplicación abarca desde sensores de alerta na embalaxe de produtos alimenticios, selos ou marcas contra falsificacións, así como materiais cos que elaborar artigos tales como xoguetes, libretas ou outros fabricados habitualmente con plástico.
- A vantaxe deste material biodegradable é que a súa eliminación non conleva impacto medioambiental.
Cerceda, a 9 de decembro de 2020. -Un equipo de investigación do departamento de mellora xenética e biotecnoloxía do Instituto de Hortofruticultura Subtropical e Mediterránea ‘A Mayora’ (CSIC-Universidade de Málaga), fabricou bioplásticos iridiscentes que mostran ou reflicten as cores do arcoíris e biodegradables, utilizando residuos agrícolas de celulosa e restos non comestibles do cacao.
A aplicación destas estruturas microscópicas, insolubles e resistentes a ambientes húmidos, abarca desde sensores de alerta na embalaxe de produtos alimenticios, selos ou marcas contra falsificacións, así como materiais cos que elaborar artigos tales como xoguetes, libretas ou outros fabricados habitualmente con plástico.
O novo bioplástico consegue a súa estrutura combinando dúas materias primas. Por unha banda, a celulosa procedente dos restos de algodón e, por outro, as cascas do froito do cacao. Ambos disólvense ata perder a súa tonalidade orixinal e quedar prácticamente transparentes. Nese momento mestúranse e fórmase un filme cunhas características moi similares aos plásticos derivados do petróleo, coa vantaxe de que a súa destrución non conlleva impacto medioambiental.
Tralas probas en laboratorio, os expertos comprobaron que estes dous materiais descompóñense de forma natural tanto no solo como na auga de mar.
A diferenza de gran parte dos obxectos cotiáns, que presentan unha cor determinada por pigmentos, no caso deste material a base de cacao e celulosa, os cristais fotónicos que se xeran na superficie do filme interaccionan coa luz, afectan á propagación das ondas electromágnéticas e, polo tanto, xeran cores moi rechamantes e brillantes.
Os expertos demostraron que o resultado é unha materia prima consistente e duradeira para novos produtos, podendo substituír ao plástico e ser reciclado ao final da súa vida útil.
Este estudo, no que colaboran o ‘Istituto Italiano di Tecnologia’ e as universidades de Xénova e Washington, entre outras institucións, recibiu financiamento da Unión Europea no marco do proxecto Marie Skłodowska-Curie RISE COMPASS e do proxecto TEHRIS.
Ademais, conta con fondos do Programa de Investigación e Innovación Horizonte 2020 da EU e do Ministerio de Ciencia e Innovación.
Fonte e imaxe: Fundación Descubre