- Así se pon de manifesto nunha investigación na que participaron químicos da Universidade de Cornell, en Nova York, e publicada na revista Journal of the American Chemincal Society.
- O investigador principal, Bryce Lipinski, sinala que a pesca comercial contribúe á metade de todos os residuos plásticos flotantes que terminan nos océanos.
- O novo plástico, denominado óxido de polipropileno isotáctico, aglutina as propiedades mecánicas requiridas por as artes de pesca comerciais, pero coa particularidade de que, se se perde no medio acuático, pode degradarse nunha escala de tempo realista.
Cerceda, a 6 de maio de 2020.- Coa pretensión de seguir loitando contra a contaminación plástica mariña, químicos da Universidade de Cornell, en Nova York (EE.UU), desenvolveron un novo polímero que pode degradarse pola radiación ultravioleta. Así se pon de manifesto nunha investigación publicada na revista Journal of the American Chemical Society.
Bryce Lipinski, candidato a doctorado no laboratorio de Geoff Coates, profesor de química e bioloxía química na Universidade de Cornell e investigador principal, manifestou ao respecto que crearon un novo plástico que aglutina as propiedades mecánicas requiridas por as artes de pesca comerciais, pero coa particularidade de que, se se perde no medio acuático, pode degradarse nunha escala de tempo realista.Con isto contribuiríase en boa medida a reducir a acumulación de plástico persistente no medio ambiente.
Lipinski indica que a pesca comercial xera a metade de todos os residuos plásticos flotantes que terminan nos océanos, xa que as redes e cordas de pesca están conformadas principalmente por tres tipos de polímeros: polipropileno isotáctico, polietileno de alta densidade e nylon-6,6, e ningún deles se degrada fácilmente. Non obstante, advirte que “aínda que a investigación dos plásticos degradables recibiu moita atención nos últimos anos, a obtención dun material cunha resistencia mecánica comparable á do plástico comercial continúa a ser un reto difícil”.
Coates e o seu equipo de investigación pasaron os últimos 15 anos desenvolvendo este plástico chamado óxido de polipropileno isotáctico, ou iPPO. Se ben o seu descubrimento orixinal foi en 1949, a resistencia mecánica e a fotodegradación deste material era descoñecida antes deste recente traballo.
A alta isotacticidade (regularidade da cadea) e a lonxitude da cadea de polímeros do seu material distíngueo do seu predecesor histórico e proporciónalle a súa resistencia mecánica.
Aínda que a iPPO é estable para un uso ordinario, eventualmente rómpese cando se expón á luz UV. O cambio na composición do plástico é evidente no laboratorio, pero “visualmente, pode parecer que non cambiou moito durante o proceso”, manifestou Bryce Lipinski.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay