- A campaña de ciencia cidadá “1m2 polas praias e os mares” do Proxecto LIBERA, materializada entre o 26 de setembro e o 4 de outubro, permitiu caracterizar preto de 20.500 refugallos e retirar un total de 4,6 toneladas de basuraleza das nosas costas.
- Na mesma participaron un total de 2.172 voluntarios.
Cerceda, a 7 de outubro de 2020.- No marco da campaña de ciencia cidadá “1m2 polas praias e os mares” do Proxecto LIBERA, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes , materializada entre o 26 de setembro e o 4 de outubro, un total de 2.172 voluntarios (‘Heroes LIBERA)’ participaron en recollida de basuraleza en 157 praias e costas de todo o territorio nacional.
Co obxectivo de obter datos sobre o tipo de refugallos atopados e así formular estratexias máis eficientes que axuden a poñer fin a este problema ambiental, caracterizáronse preto de 20.500 residuos e retiráronse un total de 4,6 toneladas de basuraleza das nosas costas.
A campaña contou, unha vez máis, coa participación de organizacións tales como Cruz Vermella, Fundación Raíña Sofía, MATER Museoa, Fundación SAVE THE MED, ou PROMEMAR. Entre elas, destacan a Rede de Vixiantes Mariños da ONG Oceánida, que mobilizou a 1.000 mergulladores voluntarios en 40 puntos do país, conseguindo retirar máis de 6 toneladas de lixo dos fondos mariños, ou a Federación Española de Actividades Subacuáticas, que actuou en 20 puntos coa axuda de 200 ecovoluntarios.
Os residuos máis atopados foron pezas de plástico de 2,5 a 50cm. seguidos de cabichas, pezas pequenas de plásticos (0-2,5cm), botellas de plástico e embalaxes industriais, sumándose este ano as luvas e mácaras, un novo tipo de basuraleza especialmente perigoso xa que, se non se depositan no contedor de resto, poden acabar na natureza e contaminar a contorna, afectando á fauna e flora.
Do mesmo xeito que todos os datos obtidos grazas ás distintas campañas de ciencia cidadá que o Proxecto LIBERA levou a cabo nos últimos tres anos, a información obtida integrarase na base de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECORD) e sumarase ao ‘Barómetro da Basuraleza’ onde xa están recompilados máis de 250.000 obxectos caracterizados desde o inicio de LIBERA.
Fonte e imaxe: Ecoembes