- Mestres, estudantes, pais e nenos están invitados a crear videos orixinais para contarlle ao mundo por que necesitamos protexer os mares e a súa rica biodiversidade.
- O foco de atención ponse nos arrecifes de coral, o fogar dunha cuarta parte da vida mariña e cuns servizos invaluables para o benestar humano e o mantemento da vida na Terra.
Cerceda, a 5 de xuño de 2020.- A pandemia do COVID-19 evidenciou, unha vez máis, a necesidade de protexer a natureza para que, á súa vez, ela nos protexa e coide a nós.
Neste marco, lanzouse o desafío Save the Ocean (Salvemos o Océano), que está organizado por The Ocean Agency, Adobe e o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), como parte da campaña Gowing Glowing Gone, que busca aproveitar a creatividade e a cor para promover a conservación do océano e a acción climática.
Mestres, estudantes, pais e nenos están invitados a crear videos orixinais para contarlle ao mundo por que necesitamos preservar os mares e a súa rica biodiversidade.
Os ARRECIFES DE CORAL, FOCO DE ATENCIÓN
O foco de atención céntrase nos arrecifes de coral do mundo, fogar dunha cuarta parte da vida mariña. A idea é crear un video curto no que se mostren as razóns polas cales o mundo necesita apoiar urxentemente unha maior protección do océano e promover a acción climática. Con esta iniciativa preténdese saber o que as persoas aprenderon sobre os arrecifes de coral, un dos lugares con maior biodiversidade no planeta e cuns servizos invaluables para o benestar humano e o mantemento da vida na Terra.
Este novo desafío busca axudar aos participantes a adquirir habilidades para planificar, estruturar e elaborar un video informativo e persuasivo, á vez que desenvolven coñecementos sobre os océanos.
Os arrecifes de coral atópanse entre os ecosistemas máis vulnerables ao cambio climático en todo o mundo. Os científicos calculan que perdemos xa o 50% dos corais e que poderiamos perder do 70% ao 90% nas próximas décadas a causa do quecemento global.
“Moitas persoas non saben que os arrecifes de coral tamén se coñecen como os botiquíns do mar, xa que un bo número de medicinas que salvan vidas, ata para o tratamento de infeccións virais, están feitas con base en compostos bioactivos que se atopan nos organismos desta especie", explica o experto en ecosistemas mariños de PNUMA Gabriel Grimsditch.
Para participar, necesítanse algúns destes recursos: unha computadora, teléfono móbil ou tableta, conexión a Internet e as ferramentas de edición de video Adobe Premiere Rush ou Adobe Spark Video instaladas nos dispositivos que se utilizarán.
Toda a información en https://www.glowing.org/