- A Declaración da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) alude, entre outras cuestións, ao aumento récord do nivel do mar e ás temperaturas excepcionalmente altas en terra e no océano (1ºC por riba da liña de base preindustrial) durante os últimos catro anos.
- As inundacións afectaron a máis de 35 millóns de persoas e a fame segue avanzando debido á incidencia dos fenómenos climáticos extremos sobre a agricultura.
- Dos 17,7 millóns de desprazados internos, máis de 2 millóns de persoas fórono polos desastres vinculados a eventos climáticos.
- O pasado ano rexistráronse novos récords de contido de calor oceánico e o nivel medio do mar foi de aproximadamente 3,7 milímetros máis alto que en 2017 e o máis alto da historia.
- Así mesmo, a acidificación dos océanos está en curso e os niveis de pH global continúan diminuíndo.
Cerceda, a 3 de abril de 2019.- A Declaración da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) sobre o estado do clima mundial en 2018 destaca a aceleración dos impactos climáticos, con aumento récord do nivel do mar, e temperaturas excepcionalmente altas en terra e no océano (1ºC por riba da liña de base preindustrial) durante os últimos catro anos.
Esta declaración presentarase oficialmente na sede das Nacións Unidas en Nova York nunha conferencia de prensa conxunta co Secretario Xeral das Nacións Unidas, António Guterres, a Presidenta da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, María Fernanda Espinosa Garcés, e o Secretario Xeral da OMM, Petteri Taalas.
CHAMADA URXENTE Á ACCIÓN
Os datos publicados son motivo de gran preocupación e constitúen unha chamada urxente á acción.
As inundacións derivadas de fenómenos climáticos extremos afectaron a máis de 35 millóns de persoas. Así se desprende dunha análise de 281 eventos rexistrados polo Centro de Investigación sobre Epidemioloxía de Desastres (CRED) e a Estratexia Internacional para a Redución do Risco de Desastres da ONU. E, como exemplos, o furacán Florence e Michael, dous dos máis virulentos, provocando máis de 100 mortes e un impacto económico cifrado en 49 mil millóns de dólares estadounidenses. Pola súa banda, o tifón Mangkhut, que afectou a máis de 2,4 millóns de persoas, levouse a vida de 134, principalmente en Filipinas.
A incidencia no sector agrícola tamén foi relevante dando como resultando un aumento continuo da fame no mundo tras un descenso prolongado. En 2017 estimouse que o número de persoas subnutridas aumentara ata os 821 millóns, en parte debido ás graves secas asociadas co El Niño de 2015-2016
Así mesmo, dos 17,7 millóns de desprazados internos, máis de 2 millóns fórono polos desastres vinculados a eventos climáticos, rexistrándose en 2018 uns 883.000 novos desprazamentos, dos cales o 32% asociáronse a inundacións e o 29% a secas.
No período 2000-2016 estimouse que as persoas expostas a olas de calor aumentou en aproximadamente 125 millóns e que a duración media das mesmas foi de 0,37 días máis respecto ao período comprendido entre 1986 e 2008.
Pola súa banda, os impactos ambientais ocasionan a decoloración dos corais e a redución dos niveis de osíxeno nos océanos, esperando que o quecemento global contribúa á diminución observada de osíxeno nos océanos abertos e costeiros, incluídos os estuarios e os mares semicerrados.
O pasado ano rexistráronse novos récords de contido de calor oceánico e o nivel medio do mar foi de aproximadamente 3,7 milímetros máis alto que en 2017 e o máis alto da historia. Igualmente, constatouse que a acidificación dos océanos está en curso e os niveis de pH global continúan diminuíndo, segundo UNESCO-COI.
Ademais de todo isto, o cambio climático constitúe unha seria ameaza para os ecosistemas de turbeiras, xa que exacerba os efectos a drenaxe e aumenta o risco de incendios.
Fonte: Nacións Unidas
Saúdos, Departamento de Comunicación