- Así figura no acordo asinado recentemente entre ambas entidades, mediante o cal a plataforma medioambiental instalará nas dependencias da ONCE máis de 50 contedores para pequenos aparellos electrónicos, lámpadas, pilas e baterías.
- Tamén se porá a disposición da ONCE as plataformas de xestión online de Recyclia para realizar solicitudes de retirada de residuos e accede a información detallada sobre a súa recollida, almacenamento ou entrega na planta de reciclaxe.
- Así mesmo, Recyclia facilitará certificados da súa correcta xestión ambiental e subministrará material informativo aos empregados e usuarios dos centros da ONCE.
Cerceda, a 16 de marzo de 2020.- Tralo recente acordo asinado entre ambas entidades, e escenificado por Jorge Íniguez, director xeral adxunto de Coordinación e Recursos Humanos e Xerais da ONCE, e José Pérez, conselleiro delegado de Recyclia, a plataforma medioambiental, a través das súas fundacións Ecopilas, Ecoasimelec e Ecolum, xestionará os residuos de aparellos electrónicos e pilas xerados nas instalacións da ONCE. Con tal fin, instalará nas dependencias desta organización máis de 50 contedores para pequenos aparellos electrónicos, lámpadas, pilas e baterías.
O acordo tamén contempla poñer a disposición da ONCE as plataformas de xestión online de Recyclia para realizar solicitudes de retirada de residuos e acceder a información detallada sobre a súa recollida, almacenamento ou entrega na planta de reciclaxe, garantindo así o acceso en todo momento á trazabilidade dos refugallos.
Así mesmo, Recyclia facilitará certificados da súa correcta xestión ambiental e subministrará material informativo aos empregados e usuarios dos centros da ONCE, coa particularidade de que colaborarán na realización de campañas de sensibilización cidadá para promover os beneficios da reciclaxe deste tipo de residuos.
Como empresa comprometida co desenvolvemento sostible e a protección do medio ambiente, a ONCE foi incorporando na súa xestión, entre outros, os seguintes principios de actuación: cumprimento da normativa en materia medioambiental, o desenvolvemento e aprobación de requisitos propios da organización para favorecer o coidado do medio ambiente; minimización dos impactos ambientais xerados pola actividade que realiza en todas as nosas instalacións e emprazamentos; e a sensibilización e concienciación de todos os actores implicados na actividade da organización, incluíndo a empregados, afiliados e empresas colaboradoras.
Fonte e imaxe: ONCE
Saúdos, Departamento de Comunicación