- Na mesma recóllense recomendacións específicas para gobernos, cidades e municipios, para empresas e o sector financeiro, e tamén para persoas e comunidades, cuxas voces e decisións poden ser aproveitadas para impulsar o cambio en todos os sectores
- No marco da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, celebrado onte, calcúlase que máis de 150 países e millóns de persoas sumáronse a esta efeméride
Cerceda, a 6 de xuño de 2023.- Calcúlase que máis de 150 países participaron activamente no Día Mundial do Medio Ambiente, celebrado onte, e que millóns de persoas sumáronse ás distintas actividades programadas, tanto presenciais como en liña.
“Solucións á contaminación por plásticos” foi a temática central deste ano, que tivo a Côte d'Ivoire como país anfitrión, contando co apoio dos Países Baixos.
A problemática está cuantificada: cada ano prodúcense máis de 430 millóns de toneladas de plásticos, dos cales dous terzos son produtos de vida curta que, en pouco tempo, convértense en refugallos. Os custos sociais e económicos da contaminación por plásticos oscilan anualmente entre os 300 e o 600 mil millóns de dólares estadounidenses. Redeseñar a forma en que producimos, recuperamos e eliminamos os plásticos e os produtos, podería supoñer un aforro de 4,5 billóns de dólares de aquí a 2040.
No marco desta celebración, mostráronse solucións innovadoras e impulsadas polas comunidades para reducir a contaminación por plásticos e rexistráronse centos de actividades: desde limpezas de praias en Mumbai, a talleres de costura de bolsas de tea en Ghana e concertos en directo con cero residuos plásticos en Atlanta.
En Nova York, presentouse, no World Trade Center, un proxecto artístico realizado integramente con residuos plásticos. Na India, estrelas da pantalla e músicos famosos uníronse para crear un vídeo musical e compartir mensaxes que animen a máis xente a actuar pola causa. En Kazajstán, o grupo musical local Great Steppe lanzou un vídeo musical para conmemorar este Día Mundial e poñer de relevo o dano ambiental que está a sufrir o mar de Aral.
Estes actos, que tiveron lugar en centros comunitarios, escolas, empresas e fogares, ilustran como os individuos e as comunidades son importantes impulsores da acción ambiental.
Os expertos agardan que o impulso destas accións poida incitar a gobernos, cidades, institucións financeiras e industrias a investir e aplicar solucións a gran escala para superar e reverter a crise da contaminación por plásticos.
Recomendacións para todos
Neste marco, ONU lanzou unha Guía práctica na que se ofrecen algúns consellos útiles sobre como todos podemos formar parte do movemento mundial para resolver esta problemática.
Na mesma recóllense recomendacións específicas para gobernos, cidades e municipios, para empresas e o sector financeiro, e taménpara persoas e comunidades, cuxas voces e decisións poden ser aproveitadas para impulsar o cambio en todos os sectores.
Ligazón guía: https://www.worldenvironmentday.global/es/get-involved/get-solutions
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente