- Así se desprende dunha enquisa difundida pola Federación Europea de Transporte e Medio Ambiente (T&E).
- España aparece, xunto con Italia, á cabeza das aspiracións climáticas da súa poboación; o 79% dos españois pensa que se deberían incrementar os esforzos nacionais en materia climática fronte á media da UE, que representa un 68%.
Cerceda, a 30 de xuño de 2021.- A opinión pública de España e a Unión Europea apoia firmemente unha maior ambición climática, sobre todo nos obxectivos de redución de emisións. Así se desprende dunha enquisa difundida pola Federación Europea de Transporte e Medio Ambiente (T&E), na que se preguntou aos cidadáns de 12 países da UE pola súa visión respecto das políticas climáticas.
YouGov, a empresa contratada por esta organización, desenvolveu a enquisa entre un total de 13.324 adultos en Alemaña, Bélxica, Dinamarca, España, Francia, Hungría, Irlanda, Italia, Países Baixos, Polonia, Portugal e Romanía.
En concreto, o 68% da poboación europea quere que se aumenten os obxectivos climáticos do seu país, mentres que o 84% apoia o incremento dos esforzos climáticos nos sectores do transporte e a construción a través de novos estándares e regulacións
España aparece, xunto con Italia, á cabeza das aspiracións climáticas da súa poboación. O 79% dos españois pensa que se deberían incrementar os esforzos nacionais en materia climática fronte á media da UE, que representa un 68%.
Na actualidade, a lexislación europea esixe a España lograr unha redución do 26% nas súas emisións nos sectores do transporte e residencial para o ano 2030.
Segundo apuntan desde T&E, a Comisión Europea debería aproveitar o abafador apoio público ás novas medidas no transporte e a edificación para priorizar unha maior ambición climática nas medidas da UE de alto impacto, como as normas de CO2 para automóbiles e furgonetas.
Fonte: Gestores de Residuos
Imaxe: Pexels