- Así o confirmou a OCU a través dunha enquisa online realizada a 900 persoas.
- Os españois tamén demandan o cumprimento das esixencias medioambientais establecidas pola Comisión Europea para o téxtil, instaurando e expandindo un sistema para a recollida selectiva do mesmo.
Cerceda, a 3 de setembro de 2019.- Movidos polos reducidos prezos das marcas fast fashion e as agresivas políticas de marketing, cada vez cómpranse máis prendas de roupa que, a curto prazo, convértense en residuos.
A Unión Europea estableceu o ano 2025 como data límite para que os Estados membros instauren un sistema segregado de recollida de roupa e calzado usado, evitando desta forma que se mesture co resto do lixo.
Ao respecto, a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) fixo unha enquisa online a 900 persoas a través da cal quixo coñecer a opinión dos españois sobre a xestión de residuos téxtis.
A reutilización constitúe a vía con máis adeptos, permitindo desta forma dar unha segunda oportunidade a aquelas prendas que xa non usamos, pero que aínda se atopan en boas condicións.
Regalalas ou ben vendelas a través de plataformas dixitais de consumo colaborativo, constitúe igualmente unha solución que cada vez conta con máis seguidores, xa que, ademais de liberar caixóns e armarios, sempre se pode recuperar unha parte do investido.
Entregar a roupa nas parroquias ou ben a entidades sociais, constitúe unha alternativa solidaria cun beneficio social, xa que moitas destas organizacións son xeradoras de emprego e representan importantes vías para inserir no mundo laboral a persoas en risco de exclusión social.
Solidariedade e creación de emprego constitúen as opcións que apoian a meirande parte dos enquisado, que apostan igualmente por dar debido cumprimento ás esixencias medioambientais establecidas pola Comisión Europea.
Unha boa parte das persoas que participaron na enquisa responderon que preferían que forma unha ONG ou entidade de inserción social quen se encargara de xestionar a roupa usada da súa localidade.
Fonte: OCU
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación