- Isto débese a dous factores de peso: unha maior conciencia ambiental e unha crecente preocupación por levar unha alimentación sa e saudable
- Os produtos de proximidade incentivan a economía local e supoñen un maior beneficio para os pequenos produtores.
- Non necesitan ser transportados durante longos percorridos, polo que as emisións de CO2 á atmosfera son menores que aqueles que viaxan milleiros de quilómetros.
- Así mesmo, non adoitan utilizar tantas embalaxes dun só uso para protexer os alimentos, o que axuda a reducir estes residuos.
Cerceda, a 15 de decembro de 2021.- Unha maior conciencia ambiental e unha crecente preocupación por levar unha alimentación sa e saudable, fixo que a sociedade prefira comprar alimentos de proximidade. Estes produtos, tamén chamados de quilómetro 0 ou locais, son aqueles que se cultivan preto de onde se van a consumir.
Segundo unha sondaxe realizada por Kantar Worldpanel, o 77% dos consumidores prefire adquirir produtos locais fronte a outros tales coma os ecolóxicos. Esta corrente tamén chegou ao sector da restauración onde cada vez máis restaurantes apostan por incluír alimentos de quilómetro cero nos seus pratos, tal e como afirma a Fundación de Restaurantes Sostibles, que aglutina ao redor de 900 establecementos que incorporaron prácticas responsables co medio ambiente e a sociedade.
BENEFICIOS AMBIENTAIS, ECONÓMICOS E SOCIAIS
Os produtos de proximidade incentivan a economía local e supoñen un maior beneficio para os pequenos produtores, xa que realizan directamente as vendas ao consumidor ou a través de intermediarios, gañando protagonismo no mercado.
A nivel ambiental, non necesitan ser transportados durante longos percorridos, polo que as emisións de CO2 á atmosfera son menores que aqueles que viaxan miles de quilómetros. Ademais, non adoitan utilizar tantas embalaxes dun só uso para protexer os alimentos, o que axuda a reducir estes residuos.
O consumo de alimentos locais estimula a compra dos coñecidos “de tempada”, que son aqueles que se adquiren no momento de cultivo, acción que tamén ten un impacto menor no planeta.
A agricultura e gandeiría de proximidade ofrecen produtos frescos, cunha trazabilidade sinxela de seguir e con todas as garantías de calidade españolas (seguridade alimentaria, cumprimento dos dereitos laborais, etc.) a unha sociedade que é cada vez máis esixente e consciente.
Se ben a alimentación ecolóxica conta cunha regulación clara e con etiquetas a nivel europeo e nacional que definen os parámetros que deben cumprir os produtos para ser considerados como tales, os produtos “bio” non sempre representan a opción máis sostible. Por exemplo, a compra de aguacates ecolóxicos procedentes de Perú ou Quenia ten un impacto ambiental maior que os cultivados en Andalucía, aínda que estes non sexan “eco”.
No caso dos alimentos de proximidade, é difícil establecer límites. Ao non haber unha regulación ou etiqueta europea nin nacional, cada persoa ou entidade atribúe o seu propio criterio ao que significa “de quilómetro cero”.
A información e a transparencia son clave para cambiar os hábitos de consumo. Por iso, os produtores e entidades pertinentes deben proporcionar a maior cantidade de datos en relación aos seus artigos.
Fonte: Sigfito
Imaxe: Pexels