- Así se deduce da terceira edición da enquisa do papel en España, realizada por SIGMADOS para O Foro do Papel.
- Os enquisados (máis de mil españois maiores de 18 anos) cualifican os produtos papeleiros cun 7,8 sobre 10.
- Unha ampla maioría (88%) afirma depositar o seu papel no contedor azul, sendo a reciclaxe o tema sobre o que maior demanda de información hai.
- Respecto doutro tipo de materiais, o 97,4% considera os envases de papel e cartón máis ecolóxicos; o 85%, máis agradables; o 67,7%, de maior calidade; e o 58,4%, máis cómodos.
Cerceda, a 4 de xaneiro de 2021.-No marco da terceira edición da enquisa do papel en España, realizada por SIGMADOS para O Foro do Papel , os enquisados (máis de mil españois maiores de 18 anos) cualifican os produtos papeleiros cun 7,8 sobre 10, sendo as súas características máis valoradas a reciclabilidade (cun 8,5 sobre 10), a biodegradabilidade (8,1), adaptación funcional (8) e seguridade no seu uso (7,9).
O 57% considera que o cultivo de madeira en plantacións mantén ou ata mellora os recursos forestais, xa que se plantan as mesmas (28,9%) ou máis (28,1%) árbores das que se cortan, e o 82% preere produtos con certificación forestal, unha tendencia que irrompe con forza.
Unha ampla maioría (88%) afirma depositar o seu papel no contedor azul, sendo a reciclaxe o tema sobre o que maior demanda de información hai por parte dos cidadáns.
A bolsa de papel é a opción preferida no supermercado, cun 54,8%, e o 85% dos cidadáns quere que se incremente o uso de produtos papeleiros, substituíndo a outros materiais (65%), ou se manteña (20%). Así mesmo, o papel e o cartón son o envase e embalaxe preferida nas compras por internet.
O 97,4% dos enquisados considera que os envases de papel e cartón son máis ecolóxicos que outros tipos de envases; o 85%, máis agradables; o 67,7%, de maior calidade; e o 58,4%, máis cómodos.
Pola súa banda, o 82,7% non imaxina unha vida sen papel, mentres que o 79,3% manifesta a súa lealdade a este material e partidario de manter o seu consumo no futuro.
Tomando como referencia o libro dixital, o 82,3% considera máis agradable o libro en formato papel; o 72,9%, de máis calidade; e o 66,4% máis cómodo. Un 79,6% pronúnciase a favor da convivencia do libro en papel co libro electrónico.
ACEPTACIÓN DOS NOVOS USOS DO PAPEL E CARTÓN
O estudo tamén revela unha importante tendencia xeral de crecemento da aceptación e satisfacción con respecto aos novos e emerxentes usos do papel e o cartón. Así, o 73,4% dos enquisados comprarían seguro (53,7%) ou probablemente (19,7%) os refrescos en envases de cartón, tal e como xa se está a facer co leite ou os zumes. O 79,9% faría o propio cos produtos de limpeza do fogar.
Tamén unha alta porcentaxe de consumidores (o 76,7%) afirma estar disposto a utilizar novos produtos papeleiros como pajitas, cápsulas monodose de café, bandexas alimentarias, etc, que ata hai pouco se fabricaban preferentemente con outros materiais
A consideración dos artigos de papel e cartón como esenciais é ampliamente aceptada pola poboación, especialmente para os papeis hixiénicos e sanitarios (8,99 sobre 10), os envases e embalaxes para alimentos, bebidas e mediciñas (7,64), e os papeis gráficos para libros, xornais e revistas (6,60).
Tamén os enquisados manifiestan o seu apoio á investigación e desenvolvemento de novos produtos de papel e cartón, e o 87% está disposto a utilizalos nun futuro. É o caso dos embalaxes intelixentes, baterías de papel, cosméticos e medicinas a base de celulosa, etc.
Fonte: www.graciaspapel.es
Imaxe: Pixabay