- AIRE, o bot de reciclaxe desenvolvida por Ecoembes, rexistrou máis de 185.000 consultas nos meses estivais, un 28% máis respecto ao mesmo período de 2020.
- Descenden as preguntas sobre o contedor de destino para as máscaras, un dos novos refugallos emerxentes.
Cerceda, a 30 de agosto de 2021.- A reciclaxe non ten vacacións. Os españois continuaron separando os seus residuos durante os meses estivais para que poidan ser reciclados correctamente e teñan unha nova vida.
Tal e como reflicten os datos rexistrados por AIRE, o asistente intelixente de reciclaxe desenvolvido por Ecoembes, as consultas sobre como contribuír á transformación dos refugallos en novos recursos creceron un 28% con respecto ao verán anterior, rexistrando máis de 185.000 preguntas.
Os residuos que máis interese suscitaron foron as botellas de plástico, de metal e de vidro. Mentres que os envases de plástico deben depositarse no contedor amarelo, os de vidro van no iglú verde. En ambos os dous casos, sempre baleiros.
En canto ao resto de produtos de plástico que non son envases, como poden ser colchóns, flotadores ou xoguetes, o bot AIRE lémbranos a posibilidade de arranxalos ou regalalos antes de refugalos, pero se os artigos están demasiado vellos para seguir sendo utilizados, o seu destino será o contedor da fracción resto.
Pola súa banda, as latas (de metal ou aluminio) deben ir ao contedor amarelo para que poidan ter unha nova vida. Respecto das botellas de metal reenchibles – tipo cantimplora –, cando non sexa posible a súa reutilización, deben ser trasladadas ao punto limpo municipal.
A madeira é outro dos materiais consultados, lembrando AIRE que, se se trata de caixas de consumo doméstico, deben ser refugadas a través do contedor amarelo. Non obstante, se se trata de mobiliario (andeis, mesas, etc.), debe ser levado ao punto limpo máis próximo.
En 2020, o artigo que xerou máis dúbidas entre os españois, dado o seu carácter emerxente e novidoso, foi a máscara sanitaria. Todo apunta a que, este ano, os cidadáns teñen máis claro cal é o seu contedor: o da fracción resto.
Fonte e imaxe: Ecoembes