- Así se recolle no Primeiro Informe de Seguimento do Plan Empresarial de Prevención de Envases (PEP) 2018-2020 do sector farmacéutico que SIGRE presentou ás autoridades ambientais.
- Este resultado foi posible grazas ás máis de cen medidas de ecodeseño aplicadas por 49 laboratorios farmacéuticos e que se suman ás 2.266 iniciativas que a industria farmacéutica levou a cabo anteriormente no ámbito do ecodiseño e prevención de envases.
-
Cerceda, a 17 de abril de 2019.- O peso medio global dos 1.450 millóns de envases de medicamentos postos no mercado o pasado ano reduciuse nun 1,48%. Isto foi posible grazas ás máis de cen medidas de ecodeseño aplicadas por 49 laboratorios farmacéuticos e que se suman ás 2.266 iniciativas que a industria farmacéutica levou a cabo xa no ámbito do ecodeseño e prevención de envases nos seis anteriores Plans Empresariais de Prevención desenvolvidos desde o ano 2000.
A redución de peso do 1,48% é especialmente significativa se se ten en conta o obxectivo recollido no PEP 2018-2020, que contemplaba, atendendo ás limitacións técnicas e normativas ás que se enfronta a industria farmacéutica neste campo, unha redución do peso global dos envases de medicamentos do 1% ao longo dos tres anos.
As medidas de ecodeseño son aplicables a calquera dos envases que utiliza o sector farmacéutico: externo, inmediato, de agrupación e de transporte. Non obstante o blíster, e segundo datos contemplados no PEP 2018-2020, é o envase inmediato (o que contén e está en contacto co produto) máis utilizado no sector farmacéutico para presentar, envasar e comercializar o medicamento.
Se ben as medidas concentráronse de forma maioritaria na redución do peso do envase (81,19%), articuláronse igualmente outras orientadas cara ao menor impacto ambiental, a maior reutilización e o maior reciclado.
Fonte: SIGRE
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación