
- É por isto que a información e a educación ambiental fanse hoxe máis necesarias que nunca a fin de que os cidadáns coñezan os conceptos ambientais e dispoñan das ferramentas necesarias para identificar as noticias falsas, evitando así a súa difusión
Cerceda, ao 23 de abril de 2025.- Aumentos de temperatura, secas, inundacións, etc, son algúns dos acontecementos que, nos últimos anos, evidenciaron a gran problemática que representa o cambio climático para a vida das persoas e a supervivencia dos ecosistemas. Esta realidade fixo que a información ambiental forme parte da opinión pública, estando presente en medios de comunicación e redes sociais. Non obstante, e como sucede cos feitos que teñen un importante impacto na sociedade, proliferan moitas noticias falsas ou “fake news”.
É por isto que a información e educación ambiental fanse hoxe máis necesarias que nunca, resultando fundamental que os cidadáns coñezan conceptos tales coma o cambio climático, a seca, a biodiversidade, os residuos e os recursos, entre outros. Deste xeito, ao recibir información sobre estas temáticas, disporán das ferramentas necesarias para identificar as noticias falsas, evitando así a súa difusión.
A poboación é cada vez máis consciente da necesidade de estar ben informados e de beber de fontes fiables e rigorosas. Neste marco, cabe sinalar que o último estudo realizado por More Than Research para o proxecto Naturaliza de Ecoembes, mostra que o 80% dos españois pensa que existe moita ou bastante desinformación ambiental. Ademais, tamén revela que os enquisados queren recibir máis noticias sobre este tema, xa que 9 de cada 10 considera que hai unha falta de información sobre a situación ambiental en España.
Fonte: Compromiso RSE
Imaxe: Freepik