- Os resultados deste traballo, realizado en colaboración coa empresa de estudos de opinión e consultoría BVA, apuntan a que os cidadáns do noso país están dispostos a facer máis esforzos que o resto dos europeos para axustar o seu estilo de vida a criterios ambientais.
- Entre os parámetros avaliados destaca a alimentación, manifestando o 74% a súa intención de comprar produtos locais e de tempada, así como o compromiso, por parte do 95%, de adquirir menos artigos plásticos.
- O 75% asegura que camiña ou usa a bicicleta nos seus desprazamentos diarios e o 71% móstrase a favor de usar o transporte público en lugar do vehículo particular.
Cerceda, a 18 de xaneiro de 2020.- No marco da segunda edición da enquisa sobre o clima, o Banco Europeo de Investimentos (BEI) analiza a percepción que teñen os cidadáns sobre o cambio climático na Unión Europea, Estados Unidos e China, prestando especial atención ás medidas que están adoptando (ou que prevén adoptar) para combater o cambio climático.
Os resultados deste traballo, realizado en colaboración coa empresa de estudos de opinión e consultoría BVA, apuntan a que os españois están dispostos a facer máis esforzos que o resto dos europeos para axustar o seu estilo de vida a criterios ambientais.
A enquisa avalía distintas categorías de actuacións. No caso da vivenda, o 74 % dos españois ten intención de usar menos o aire acondicionado no verán e o 58 % ten previsto pasarse a un provedor de enerxía verde.
En alimentación, o 96 % ten pensado comprar produtos locais e de tempada, coa particularidade de que os enquisado afirman tamén están dispostos a cambiar a súa dieta.
Respecto dos residuos, o 95 % ten intención de comprar menos produtos plásticos: o 94 % prevé deixar de comprar botellas de plástico, o 97 % proponse non volver a usar bolsas de plástico nas súas compras e o 96 % ten pensado facer o mesmo cos artigos envasados en plástico.
En relación ao transporte, o 75 % dos españois asegura que camiña ou usa a bicicleta nos seus desprazamentos diarios para loitar contra o cambio climático e o 71 % declara que prefire usar o transporte público en lugar do coche particular, unha porcentaxe superior á media europea, que é de o 55 %.
Á hora de disfrutar das vacacións, o 78 % ten previsto viaxar menos en avión, unha porcentaxe 3 puntos máis alta que a media europea (75 %). Así mesmo, o 87 % di que ten previsto elixir o tren en lugar do avión para viaxes de ata cinco horas.
O investimento en fondos verdes tamén ten unha boa acollida en España: preto do 60 % da poboación di ter previsto dar este paso, unha porcentaxe 8 puntos
Fonte: Retema
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación