- Once novos gobernos anunciaron no Cume One Ocean que se unirán ao Compromiso Global pola Nova Economía dos Plásticos, liderado pola Fundación Ellen MacArthur, en colaboración co PNUMA.
Cerceda, a 22 de febreiro de 2022.- Once novos gobernos anunciaron no Cume One Ocean que se unirán ao Compromiso Global pola Nova Economía dos Plásticos, liderado pola Fundación Ellen MacArthur, en colaboración co Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).
Sumaranse a esta iniciativa os gobernos nacionais de Canadá, Colombia, Grecia, Italia, Noruega, a República de Corea, España e Uganda, así como os gobernos subnacionaIs da cidade de París, Grecia Central e País Vasco, o que evidencia o interese de todos eles en actuar con urxencia para Combater a Contaminación por Plásticos.
“Non reciclaremos para saír da crise da contaminación plástica: necesitamos unha transformación sistémica para lograr a transición a unha economía circular”, dixo Inger Andersen, Directora Executiva do PNUMA.
Segundo un informe do PNUMA publicado en 2021, necesítase un enfoque de economía circular para abordar o problema na súa orixe. No mesmo detállase como un enfoque integral de economía circular podería reducir o volume de plásticos que ingresan aos nosos océanos en máis do 80% para 2040, minimizando a produción de plástico nun 55 %e as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 25%, ademais de crear 700.000 postos de traballo adicionais, principalmente no Sur Global.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pexels