- Os datos analizados, e relativos a un período de 60 anos, mostran que os rastreadores enredáronse en grandes obxectos plásticos nunha proporción tres veces maior desde o ano 2000 que en décadas anteriores.
- O estudo rexistrou 208 destes enredos, pero os encontros con elementos plásticos foron máis comúns co tempo, aumentando durante os anos 80 e 90, e alcanzando o seu punto álxido no 2000.
Cerceda, a 7 de maio de 2019.- Grazas á análise de 60 anos de libros de rexistro para instrumentos de monitoreo de plancton, os científicos descubriron a primeira evidencia sólida de que a cantidade de plástico que contamina os mares aumentou de forma exponencial durante as últimas décadas.
Os datos rexistrados por instrumentos denominados RCP (Rexistradores Continuos de Plancton), e que os barcos remolcaron a través do Océano Atlántico, mostran que os rastreadores enredáronse en grandes obxectos plásticos tales como bolsas e equipos de pesca nunha proporción tres veces maior desde o ano 2000 que en décadas anteriores.
É a primeira vez que os investigadores puideron demostrar o incremento de plásticos oceánicos a través dun conxunto único de datos a longo prazo. Así o manifestou Erik van Sebille, oceanógrafo da Universidade de Utrecht nos Países Baixos.
Se ben o achado non sorprendeu, o certo é que os estudos anteriores centráronse en analizar a inxesta de plástico por parte da fauna mariña en escalas de tempo máis curtas.
Os RCP son dispositivos tipo torpedo que se viñeron utilizando desde 1931 para estudar as poboacións de plancton ao filtrar os organismos da auga utilizando bandas de seda. Nos últimos anos, os dispositivos regresaron máis frecuentemente do mar enredados en plásticos. Cada vez que un barco remolca un RCP, a tripulación reenche un libro de rexistro e observa calquera problema co dispositivos.
Os investigadores revisaron todos os rexistros de arrastres desde o Atlántico Norte entre os anos 1957 e 2016 para determinar se os enredos de plástico se volveran máis comúns.
O estudo centrado no período de 60 anos rexistrou 208 destes enredos, pero os encontros con elementos plásticos foron máis comúns co tempo, aumentando durante os anos 80 e 90, e alcanzando o seu punto álxido no 2000.
É preciso sinalar que o estudo centrouse en grandes artigos de plástico, polo que non aporta información sobre microplásticos, que proveñen fundamentalmente de fontes tales como envases de plástico desbotables en lugar de artes de pesca.
Fonte e imaxe: Fundación Aquae
Saúdos, Departamento de Comunicación