- SIGRE presentou ante o MITERD a evolución de distintos indicadores en 2021 e cos que acredita a posición de vangarda do sector na implantación dos principios de economía circular.
- Destaca tamén a evolución positiva da colaboración cidadá, cun incremento dos residuos de medicamentos recollidos o pasado ano do 8% respecto do exercicio anterior, alcanzando uns índices de reciclaxe do 67,97%.
Cerceda, a 4 de outubro de 2022.- SIGRE presentou ante o MITERD a evolución dos seus indicadores clave en economía circular, podendo destacar, entre outros, o número de laboratorios farmacéuticos que aplicaron medidas de prevención/ecodeseño, a porcentaxe de redución en peso dos envases de medicamentos, as medidas de prevención aplicadas por área de actividade (redución de materiais, minimización do impacto ambiental, mellora da reciclaxe, etc.) e as accións de divulgación realizadas neste ámbito.
Nin que decir ten que a actividade do sector farmacéutico é esencial para a saúde e o benestar da sociedade e contribúe significativamente ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Para garantir un crecemento sostible desde o punto de vista económico, social e ambiental, este sector aposta por incorporar en todas as súas actividades os principios da economía circular.
Só en 2021, os laboratorios farmacéuticos aplicaron 421 iniciativas de ecodeseño que permitiron facer máis sostibles 117 millóns dos envases postos no mercado, un esforzo que foi recoñecido por parte do Club de Excelencia en Sostibilidade coa selección do V Catálogo de Iniciativas de Ecodeseño de SIGRE como unha das mellores prácticas en materia de circularidade.
Tamén destaca a evolución positiva da colaboración cidadá, cun incremento dos residuos de medicamentos recollidos o pasado exercicio do 8% respecto do anterior. Desta forma, a taxa de recollida recupera os niveis previos á pandemia, alcanzándose, ademais, uns índices de reciclaxe dos envases recollidos do 67,97%.
Todo isto permite pechar axeitadamente o ciclo de vida do medicamento, consolidando un modelo eficiente, seguro e sostible para a xestión dos residuos de medicamentos e os seus envases, que sitúa ao sector farmacéutico á vangarda na implantación dos principios da economía circular.
Fonte e imaxe SIGRE