- Hoxe, 10 de febreiro, conmemórase o Día Mundial dos Legumes, un alimento que desempeña un importante papel na agricultura sostible e no logro dos obxectivos contemplados na Axenda 2030.
- Ademais das súas grandes vantaxes nutricionais e para a seguridade alimentaria, os legumes teñen a capacidade de fixar o nitróxeno atmosférico nos solos, circunstancia que mellora a fertilidade dos mesmos e aumenta a produtividade das terras de cultivo.
- Así mesmo, poden contribuír á mitigación do cambio climático, reducindo a dependencia dos fertilizantes sintéticos.
Cerceda, a 10 de febrero de 2020.- Hoxe, 10 de febreiro, conmemórase o Día Mundial dos Legumes, un superalimento que desempeña un importante papel na agricultura sostible e no logro dos obxectivos contemplados na Axenda 2030, e que está asociado a múltiples beneficios nutritivos e ambientais.
Desde o punto de vista nutricional, destácase a longa vida dos legumes, non conteñen glute, son fonte de ferro, potasio e fibra, ademais de ser baixas en graxas e sodio. A FAO concíbeos como moito máis que simples sementes nutritivas, xa que contribúen a crear uns sistemas alimentarios sostibles e a combater a fame, pois melloran a fertilidade do solo, a súa pegada hídrica é pequena e son baratos.
VANTAXES DE CULTIVAR LEGUMES
Os legumes posúen un alto contido en proteínas, resultando de especial interese en rexións onde a carne e os lácteos non son moi accesibles, xa sexa física ou economicamente. Ademais, son baixas en graxa e ricas en fibra, o que fai que poidan reducir o colesterol e axudar a controlar o azucre en sangue. É por isto que as organizacións sanitarias recomendan o seu consumo para facer fronte ás enfermidades non transmisibles, como a diabetes e as enfermidades cardíacas, téndose demostrado tamén que axudan a combater a obesidade.
Para os agricultores, son un cultivo moi beneficioso porque poden vendelas e consumilas, o que lles axuda a manter a seguridade alimentaria dos seus fogares, á vez que xera estabilidade económica.
Así mesmo, os legumes teñen a capacidade de fixar o nitróxeno atmosférico nos solos, circunstancia que mellora a fertilidade dos mesmos e aumenta a produtividade das terras de cultivo. Usando legumes para os cultivos intercalados e de cobertura, os agricultores poden promover a biodiversidade agrícola e do solo, mantendo baixo control as pragas e enfermidades nocivas.
Tamén poden contribuír á mitigación do cambio climático, reducindo a dependencia dos fertilizantes sintéticos utilizados para achegar nitróxeno ao solo. Durante a fabricación e aplicación destes fertilizantes libéranse gases de efecto invernadoiro e o seu uso excesivo pode ser prexudicial para o medio ambiente.
Vídeo FAO: https://www.youtube.com/watch?time_continue=7&v=IxZUht_AToQ&feature=emb_logo
Fonte: FAO
Saúdos, Departamento de Comunicación