- A fin de comprender as complexas interaccións entre a natureza e a sociedade humana, o PNUMA asociouse con MapX, unha plataforma online para a xestión de datos xeoespaciais sobre recursos naturais.
- A xuízo de Tomas Declerq, experto asociado ao Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, “A experiencia do PNUMA é que os mapas que mostran o impacto de intervencións políticas plausibles son particularmente poderosos e poden usarse como ferramentas no proceso de toma de decisións".
Cerceda, a 24 de setembro de 2020.- Para comprender as complexas interaccións entre a natureza e a sociedade humana, o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) asociouse con MapX, unha plataforma online para a xestión de datos xeoespaciais sobre recursos naturais.
“O valor da natureza a miúdo é invisible nas decisións económicas que tomamos. Como resultado, estivemos reducindo o noso capital natural sen ter en conta os custos na capacidade da natureza para proporcionarnos servizos esenciais", asgura Salman Hussain, xefe de Economía dos Servizos Ecosistémicos do PNUMA.
As historias relatadas a través de mapas poden axudar aos espectadores a descubrir os beneficios ocultos de investir na natureza.
Unha nova experiencia interactiva de MapX permite mergullarse nas paisaxes de Bután e entender como a natureza está no corazón da súa prosperidade económica. Tamén viaxar a Tanzania e descubrir como a sostibilidade é rendible para as granxas de pequenos agricultores ou visualizar os manglares da bahía de Manila en diferentes escenarios de desenvolvemento costeiro.
Tomas Declerq, experto asociado ao PNUMA, apuntou que “Desenvolvemos mapas que nos mostran escenarios de provisión de servizos ecosistémicos no futuro, co propósito de tomar mellores decisións no presente”, engadindo que “A experiencia do PNUMA é que os mapas que mostran o impacto de intervencións políticas plausibles son particularmente poderosos e poden usarse como ferramentas no proceso de toma de decisións".
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: MapX