- Unha enquisa do Eurobarómetro realizada o pasado mes de marzo poñía de relevo un aumento na conciencia medioambiental e a implicación dos europeos de entre 15 e 30 anos.
- Máis de dúas terceiras partes dos mozos citan como prioridades a protección do medio ambiente e a mitigación do cambio climático.
- Este ano, a participación na Semana Europea da Mocidade foi maior que nunca, contando coa implicación duns 115.000 mozos dos 34 países que forman parte do programa Erasmus+, que asistiron a preto dun milleiro actos.
Cerceda, a 18 de setembro de 2019.- Os mozos europeos están cada vez máis comprometidos na loita contra o cambio climático e as institucións da Unión Europea achéganse ás novas xeracións para coñecer a súa perspectiva e sumar esforzos para lograr un futuro mellor.
De feito, unha enquisa do Eurobarómetro realizada o pasado mes de marzo poñía de relevo un aumento na conciencia medioambiental e a implicación dos europeos de entre 15 e 30 anos.
Á pregunta de como podemos construír unha Europa máis forte e unida, máis de dúas terceiras partes citan como prioridades a protección do medio ambiente e a mitigación do cambio climático, á vez que consideran que nos centros de ensino debería prestarse máis atención ao cambio climático, ao medio ambiente e aos comportamentos ecolóxicos.
Este ano, a participación na Semana Europea da Mocidade foi maior que nunca, contando coa implicación duns 115.000 mozos dos 34 países que forman parte do programa Erasmus+, que asistiron a preto dun milleiro de actos. Os celebrados en Bruxelas os días 29 e 30 de abril foron os máis emblemáticos ao congregar a miles de representantes da mocidade para debater como poderían ser máis activos nas súas comunidades e influír nas decisións democráticas.
Igualmente, a acción polo clima foi unha das esferas prioritarias nun diálogo cidadán celebrado antes do cume de líderes da UE de maio en Sibiu (Romanía).
En torno a 300 europeos de entre 18 e 25 anos tomaron parte no diálogo para expresar as súas preocupacións, expectativas e ideas. Ademais, tiveron ocasión de intercambiar puntos de vista co presidente Juncker, o presidente romano Iohannis, a comisaria Thyssen e o comisario Navracsics.
Así mesmo, a xornada de portas abertas das institucións europeas que se celebra cada ano en maio constitúe unha oportunidade para que persoas de todas as idades exploren os edificios máis simbólicos e coñezan o que fai a UE e como poden influír os cidadáns na súa acción. E precisamente este ano, a Xornada de portas abertas da Comisión Europea contou cun stand dedicado ao cambio climático, o medio ambiente e a enerxía a fin de que os visitantes explorasen as iniciativas da UE a través de debates públicos, visitas guiadas e actividades especiais.
Fonte: Revista Medio Ambiente para os Europeos (Comisión Europea)
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación