- Os equipos eléctricos e electrónicos desbotados conteñen materiais potencialmente daniños que contaminan a contorna, tendo aprobado a UE unha lexislación específica para previr o uso de determinados produtos químicos tales como o plomo.
- En marzo de 2020, a Comisión Europea presentou un novo plan de acción de economía circular que ten como unha das súas prioridades a redución de RAEE.
- A proposta contempla obxectivos inmediatos como o «dereito a reparar» e mellorar a reutilización en xeral, a introdución dun cargador común e o establecemento dun sistema de recompensas para fomentar a reciclaxe de artigos electrónicos.
Cerceda, a 8 de xaneiro de 2021.- Se hai algo que define en gran medida a vida moderna son os dispositivos electrónicos e os equipos eléctricos: desde lavadoras e aspiradoras ata teléfonos intelixentes e ordenadores. Non obstante, unha vez esgotada a súa vida útil e convertidos en residuos, representan un obstáculo para os esforzos investidos pola UE en reducir a súa pegada ecolóxica.
Os grandes electrodomésticos, como é o caso das lavadoras e estufas eléctricas, son os que se recolectan de forma maioritaria e representan máis da metade de todos os refugallos electrónicos recollidos para o seu tratamento. Séguenlle os equipos informáticos e de telecomunicacións (portátiles, impresoras), equipos de consumo e paneis fotovoltaicos (cámaras de vídeo, lámpadas fluorescentes) e pequenos electrodomésticos (aspiradoras, tostadoras). Todas as demais categorías, como ferramentas eléctricas e dispositivos médicos, representan en conxunto só o 7,2% dos residuos electrónicos recollidos.
Os equipos eléctricos e electrónicos desbotados conteñen materiais potencialmente daniños que contaminan a contorna, tendo aprobado a UE unha lexislación específica para previr o uso de determinados produtos químicos tales como o plomo. Así mesmo, e dado que moitos minerais raros que se necesitan na tecnoloxía moderna proveñen de países que non respectan os dereitos humanos, os eurodiputados adoptaron normas que esixen aos importadores europeos de minerais de terras raras que verifiquen os antecedentes dos seus provedores.
En marzo de 2020, a Comisión Europea presentou un novo plan de acción de economía circular que ten como unha das súas prioridades a redución de residuos electrónicos e eléctricos. A proposta contempla obxectivos inmediatos como o «dereito a reparar» e mellorar a reutilización en xeral, a introdución dun cargador común e o establecemento dun sistema de recompensas para fomentar a reciclaxe de artigos electrónicos.
O Parlamento Europeo votará un informe de propia iniciativa sobre o plan de acción de economía circular en febreiro de 2021.
O eurodiputado holandés,Jan Huitema, afirma que “Os principios de circularidade deben implementarse en todas as etapas dunha cadea de valor para que a economía circular sexa un éxito”, debendo prestar especial atención ao sector dos residuos electrónicos, xa que a reciclaxe estase quedando atrás con respecto á produción. Asegura igualmente que o plan de acción podería axudar no proceso de recuperación económica.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay