- Desde o Proxecto LIBERA faise unha chamamento aos cidadáns para que fagan un uso responsable do inodoro e xamais arroxen ao mesmo refugallos hixiénicos tales como como toalliñas húmidas, lentillas, bastonciños para os oídos, compresas, tampóns ou preservativos, dadas as súas negativas consecuencias medioambientais.
Cerceda, a 8 de maio de 2020.- O proxecto LIBERA, creado por SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, fai un chamamento á necesidade de xestionar correctamente os residuos hixiénicos, especialmente nun momento no que a pandemia sanitaria orixinada polo COVID-19 incrementou exponencialmente a súa produción.
Neste marco, apela ao uso responsable do inodoro a fin de que os cidadáns xamais arroxen ao mesmo refugallos hixiénicos tales como toalliñas húmidas, lentillas, bastonciños para os oídos, compresas, tampóns ou preservativos, dadas as súas negativas consecuencias medioambientais.
Segundo un informe da Comisión Europea de 2016, de entre todos os obxectos que se tiran incorrectamente polo inodoro, os máis comúns son os produtos utilizados no cuarto de baño. Estudos realizados en Reino Unido estiman que cada día se refugan 70.000 salvaslips, 2,5 millóns de tampóns e 1,4 millóns de compresas.
Case todos os produtos hixiénicos conteñen en diferente medida plástico e supoñen unha ameaza para a contorna cando se abandonan directamente na natureza ou cando chegan a ela accidentalmente a través do circuíto das augas residuais. Estímase que os bastonciños dos oídos necesitan 300 anos para descompoñerse. Así mesmo, os tampóns e os preservativos representan unha gran ameaza para os animais, tanto por inxesta como por enredo, chegando a causar a morte dun gran número de aves, tartarugas e mamíferos mariños.
Ademais, estes plásticos acaban fragmentándose, dando lugar aos microplásticos, partículas de menos de 5mm que non son solubles en auga e cuxa persistencia nas contornas naturais é moi elevada.
Fonte: Ecoembes
Imaxe: Pixabay