- Así se recolle nun estudo desenvolvido por un equipo internacional de científicos das universidades de Nanjing (China) e California San Diego (EE UU), os cales estiman que ao redor de 25.900 toneladas vertéronse nos océanos.
- Para esta investigación consideráronse os residuos médicos hospitalarios, o material de embalaxe das compras en liña, os kits de probas de virus e os equipos de protección persoal.
- O informe pon de manifesto que, aínda que a demanda de equipos de protección persoal de plástico disparouse durante a pandemia, o tratamento, a eliminación e a reciclaxe non seguiron o mesmo ritmo nos distintos países.
Cerceda, a 10 de novembro de 2021.- Conforme a un estudo elaborado por un equipo internacional de científicos das universidades de Nanjing (China) e California San Diego (EE UU), a COVID-19 xerou, ata o pasado 23 de agosto, da orde de 8,4 millóns de toneladas de residuos plásticos en 193 países, estimando que ao redor de 25.900 toneladas se verteron nos océanos. As cifras foron cuantificadas mediante un modelo de medición de plásticos oceánicos denominado MITgcm.
Se a magnitude e o destino destes refugallos plásticos mal xestionados xa era un problema a escala mundial, cunha crise de saúde global como esta, non fixo máis que incrementarse.
Para esta investigación consideráronse os residuos médicos hospitalarios, o material de embalaxe das compras en liña, os kits de probas de virus e os equipos de protección persoal. A maioría destes restos eran hospitalarios (73%) e a meirande parte das verteduras procedía de Asia (72%).
Brasil, India e EEUU son os tres países que xeraron máis residuos plásticos por mor da pandemia.
Así mesmo, o informe pon de manifesto que, aínda que a demanda de equipos de protección persoal de plástico disparouse durante a Covid, o tratamento, a eliminación e a reciclaxe non seguiron o mesmo ritmo nos distintos países.
Os autores desenvolveron igualmente un modelo que simula o destino dos refugallos plásticos vertidos a medida que sofren procesos como a deriva e a fragmentación. Segundo o mesmo, o 71 % do exceso de lixo nos océanos chegará probablemente ás praias a finais de 2021. Os científicos atoparon que as emisións de residuos plásticos asociadas supoñen un 1,5% das totais, é dicir, as propias doutras actividades humanas.
Calcúlase que, para finais de século, case todos os residuos plásticos asociados á pandemia acabarán nos fondos mariños ou nas praias. A teor dos resultados, os investigadores subliñan a necesidade de mellorar as medidas de eliminación e tratamento desta fracción de lixo e de aumentar a concienciación sobre o seu impacto ambiental.
Fonte: SINC
Imaxe: Pexels