- Os consumidores beneficiaranse de novos dereitos que farán que as reparacións sexan máis atractivas e sinxelas unha vez que expire a garantía legal
- Para facilitar o proceso de reparación, crearase unha plataforma europea en liña con seccións nacionais
Cerceda, a 6 de febreiro de 2023.- En días pasados, o Parlamento e o Consello Europeo alcanzaron un acordo político sobre un proxecto de lei que ten por obxecto reforzar o “dereito a reparar”. Desta forma, os consumidores beneficiaranse de novos dereitos que farán que as reparacións sexan máis atractivas e sinxelas unha vez que expire a garantía legal. As medidas clave do acordo inclúen:
• A obriga do fabricante de reparar produtos domésticos comúns como lavadoras, aspiradoras e mesmo teléfonos intelixentes, coa posibilidade de agregar máis produtos á lista co tempo.
• Un requisito para que os consumidores estean informados sobre a obriga de reparación do fabricante.
• Opcións para que os consumidores tomen prestado un dispositivo mentres se repara o seu ou opten por unha unidade reacondicionada como alternativa.
• Acceso gratuíto en liña a prezos indicativos de reparación.
• Unha ampliación adicional dun ano da garantía legal para os bens reparados.
Revitalizando o mercado da reparación
Os fabricantes terán que ofrecer repostos e ferramentas a un prezo razonable. Non poderán utilizar cláusulas contractuais e técnicas de hardware ou software para obstaculizar as reparacións, e tampouco deberían impedir o uso de pezas de reposto de segunda man ou subministradas en 3D por parte de reparadores independentes.
Para facilitar o proceso de reparación, crearase unha plataforma europea en liña con seccións nacionais. A través destas plataformas, os consumidores de todos os países da UE poderán atopar talleres de reparación locais, vendedores de produtos reacondicionados, compradores de artigos defectuosos ou iniciativas de reparación lideradas pola comunidade.
Así mesmo, os negociadores acordaron que cada Estado membro terá que introducir alomenos unha medida para promover a reparación, como vales e fondos de reparación, campañas de información, cursos de reparación ou apoio a espazos de reparación liderados pola comunidade, ou en liña coas normas fiscais existentes, como unha redución do tipo do IVA sobre os servizos de reparación.
Unha vez que a directiva sexa adoptada. tanto polo Consello como polo Parlamento. e publicada no Diario Oficial da UE, os estados membros terán 24 meses para traspoñela á lexislación nacional.
Fonte: Parlamento Europeo
Imaxe: Pexels