Noticias
Pequenos xestos cos que reducir a pegada ecolóxica nas escapadas de Semana Santa
- Elixe o tren ou coche compartido de baixo consumo para traxectos longos; camiña ou pedalea en distancias curtas; reduce residuos e deposítaos no conedor axeitado; reutiliza as toallas; usa de forma prudente os recursos naturais; e respecta ao máximo os ecosistemas sensibles
Cerceda, a 26 de marzo de 2024.-No noso país, a Semana Santa é a primeira gran escapada do ano para moitas familias, polo que é necesario lembrar algunhas boas prácticas para que as viaxes que se fagan nestes días de descanso sexan responsables e sostibles.
Tanto á hora de elixir o medio de transporte, como á hora de consumir, podes reducir a túa pegada ecolóxica. Toma nota:
- Na medida do posible, e para traxectos longos, utiliza o tren ou comparte coche de baixo consumo enerxético. Xa no teu destino, e para desprazarte en distancias relativamente curtas, camiña ou pedalea.
- Esteas onde esteas, utiliza de forma prudente e racional os recursos naturais (auga e enerxía).
- Reutiliza as toallas alí onde te hospedes e evita o aire acondicionado (ou a calefacción) se non son imprescindibles.
- Minimiza a xeración de residuos e presta especial atención ao plástico. Substitúe as botellas e bolsas plásticas por cantimploras e bolsas de tea.
- Garda os teus refugallos ata que atopes un lugar axeitado onde depositalos e sempre no contedor correcto para cada material.
- Se visitas ecosistemas sensibles, como as áreas naturais protexidas, infórmate do protocolo a seguir para causar o menor impacto posible. Con todo, e con independencia do destino no que te atopes, non leves a cabo accións que poidan prexudicar ou poñer en risco á fauna e flora. Respecta todos os lugares e as persoas que habitan neles.
- Valora formas alternativas e novas de viaxar como o chamado agroturismo, xa que poden ter un impacto altamente positivo, supoñendo un extra de ingresos para as persoas e entidades que xestionan contornas agrícolas e gandeiras.
Saúdos, Departamento de Comunicación