- A Directiva 2019/904 obrigará a que os envases plásticos de bebidas de ata tres litros conteñan, alomenos, un 25 % de material reciclado en 2025, e un 30 % a partir de 2030.
- O r- PET é o único material plástico con procesos autorizados de reciclaxe posconsumo para envasado dunha gran variedade de alimentos, o que permite o seu uso cumprindo os requisitos de seguridade que esixe a Unión Europea.
- A industria xa traballa en solucións sostibles de envasado, utilizando tecnoloxías de super-limpeza consistentes en eliminar, do material procedente do posconsumo, aqueles contaminantes que poden quedar adsorbidos na superficie do plástico.
Cerceda, a 26 de febreiro de 2021.- Un dos obxectivos da Estratexia Europea de Economía Circular para os plásticos é que todos os envases de plástico distribuídos sexan 100% reciclables para 2030.
Neste contexto, a Directiva 2019/904 obrigará a que os envases plásticos de bebidas de ata tres litros conteñan, alomenos, un 25 % de material reciclado en 2025, e un 30 % a partir de 2030.
O PET (Tereftalato de Polietileno) é un material plástico moi utilizado en envase alimentario. Tal e como sinalou Carlos Enguix, responsable do Departamento de Tecnoloxías do Envase de AINIA, “O PET reciclado, ou r- PET, logrado a partir de material posconsumo xorde como unha das solucións máis demandadas do envasado sostible para alimentos pola existencia de procesos de súper-limpeza autorizados por EFSA ( European Food Safety Agency) que conseguen que o PET posconsumo sexa, de novo, un material apto para o contacto con alimentos”.
Ademais, o r- PET é o único material plástico con procesos autorizados de reciclaxe posconsumo para envasado dunha gran variedade de alimentos, o que permite o seu uso cumprindo os requisitos de seguridade que esixe a Unión Europea para garantir a saúde dos consumidores.
RETOS
Como todos os materiais, o PET pode sufrir no proceso de reciclaxe unha diminución nas súas características como consecuencia do acurtamento das cadeas poliméricas ou a contaminación con algunhas impurezas na súa composición. “Mediante a formulación e/ou o uso de porcentaxes de material reciclado, combinado con porcentaxes de material virxe, pódese conseguir que o material resultante cumpra coas esixencias para o envasado de alimentos”, asegurou Enquix, quen se referiu tamén aos dous principais retos aos que se enfronta o r- PEt : cubrir as esixencias técnicas e de seguridade, e ofrecer a subministración suficiente de material a un prezo competitivo para cubrir a crecente demanda dos consumidores de solucións sostibles de envasado, dando resposta aos obxectivos da Estratexia Europea de Economía Circular para os Plásticos.
A industria xa traballa en solucións sostibles de envasado, utilizando tecnoloxías de super-limpeza consistentes en eliminar, do material procedente do posconsumo, aqueles contaminantes que poden quedar adsorbidos na superficie do plástico..
Sobre estes retos, e o contexto industrial do r- PET e as súas aplicacións, AINIA contribuíu ao informe: “ r- PET: A mellor solución para garantir a circularidad dos envases”, elaborado polo Centro de Innovación e Desenvolvemento para a Economía Circular ( CIDEC).
Fonte e imaxe: AINIA