- No marco do Día dos Océanos, a entidade MSC convida aos centros escolares a participar nunha actividade relacionada co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 14 – Vida submarina.
- Preténdese con isto facilitar a comprensión do papel fundamental que xoga o mar na vida do ser humano e a importancia do traballo que levan a cabo os pescadores na conservación dos recursos mariños.
Cerceda, a 8 de xuño de 2021.- Con motivo do Día dos Océanos, que se celebra hoxe, 8 de xuño, a entidade MSC* (Marine Stewardship Council) convida oas centros escolares a participar nunha actividade relacionada co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 14 – Vida submarina.
Con isto preténdese facilitar a comprensión do papel fundamental que xoga o mar na vida do ser humano e a importancia do traballo que levan a cabo os pescadores na conservación dos recursos mariños.
Escribir unha carta aos océanos, que os pequenos elaboren un mural cos seus animais mariños favoritos ou que inventen unha canción e unha coreografía, constitúen tarefas que, a bo seguro lles axudarán a interiorizar a importancia que o mar ten para a vida e, máis especificamente:
1. Comprender o vínculo que moitas persoas teñen co mar e a vida que sustenta, incluíndo o rol do mar como fonte de alimento, traballo e oportunidades.
2. Coñecer o papel dos océanos como reguladores do clima, de suma importancia no actual contexto de emerxencia climática.
3. Tomar conciencia das ameazas que sofren os sistemas oceánicos tales como a contaminación e a sobrepesca.
4. Impulsar a reflexión sobre as necesidades alimentarias de cada un, cuestionándose se os seus hábitos alimentarios son consecuentes cun uso sostible dos limitados recursos mariños.
5. Empatizar coas persoas cuxo sustento se ve afectado polos cambios nas prácticas pesqueiras.
6. Investigar o grao de dependencia do mar por parte do seu país.
7. Debater sobre o significado da pesca sostible
8. Implicalos nas decisións de consumo, influíndo sobre os grupos que participan na produción e consumo de produtos do océano.
SOBRE MARINE STEWARDSHIP COUNCIL (MSC)
Trátase dunha organización internacional sen ánimo de lucro, fundada en 1997 para abordar o problema da obrepesca e preservar os recursos mariños para o futuro. Hoxe en día o seu programa de certificación de pesca sostible (o peixe azul) é o máis recoñecido a nivel mundial.
Fonte: https://teachersforfuturespain.org
Imaxe: Pexels