- Coa mesma búscase aumentar a conciencia sobre a necesidade de facer fronte a este fenómeno mediante a adopción de estilos de vida máis sostibles.
- A experiencia consiste nunha viaxe de 5 minutos na que se pon de relevo o impacto do que comemos, como viaxamos e as casas onde vivimos. Finalmente, móstrase o tamaño da pegada de carbono dunha persoa nun país desenvolvido.
- O video transmitirase a través de YouTube nun formato de 360 grados para que os espectadores poidan interactuar desde as súas computadoras ou dispositivos móbiles.
Cerceda, a 14 xullo de 2020.- O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) e Sony PlayStation uníronse para crear unha experiencia de realidade virtual coa que se busca aumentar a conciencia sobre a necesidade de facer fronte ao cambio climático mediante a adopción de estilos de vida máis sostibles.
Ambas entidades colaboraron por primeira vez para crear un video inmersivo a través da plataforma DreamsTM co que se pretende dar a coñecer aos espectadores como son as súas pegadas de carbono individuais.
A experiencia consiste nunha viaxe de 5 minutos a través dun día no que se pon de relevo o impacto do que comemos, como viaxamos e as casas onde vivimos. Finalmente, móstrase o tamaño da pegada de carbono dunha persoa nun país desenvolvido.
Ligia Noronha, directora da División de Economía do PNUMA, manifestou que “A COVID-19 trouxo unha interrupción sen precedentes na forma en que vivimos, pero, a medida que terminen os confinamientos, temos a oportunidade de desenvolver novos hábitos que nos axuden a manter ao planeta dentro do límite seguro dun quecemento global por baixo de 1,5˚C”.
Como membro da alianza Playing for the Planet, lanzada en 2019 co apoio do PNUMA, Sony agarda que máis deseñadores de xogos aborden de forma enfática o cambio climático.
O ilustrador principal do proxecto, Martin Nebelong, explicou que "A realidade virtual é un medio de narración extraordinario para o cambio climático. Como artista, quería deseñar unha experiencia fermosa e ás veces aterradora que mostre a verdadeira escala das nosas emisións e os impactos que poderían ocasionar”, ao que engadiu que “O xogo chega a unha gran audiencia en todo o mundo e ten o poder de inspirar un cambio social”.
Os cidadáns non necesitarán dispositivos de realidade virtual para vivir esta experiencia. O video transmitirase a través de YouTube nun formato de 360 graos para que o público poida interactuar desde as súas computadoras ou dispositivos móbiles.
Así mesmo, compartirase a través da Escola da Terra, unha iniciativa de educación online que xa foi visitada por uns 700.000 mozos.
Fonte e imaxe: ONU Medio A mbiente.