- Terá lugar do 16 ao 22 de setembro, sendo o seu obxectivo sensibilizar á sociedade sobre as negativas consecuencias que ten o uso irracional do coche na cidade e os beneficios que reportan alternativas tales como camiñar, desprazarse en bicicleta ou o transporte público.
- Desde fai moitos anos, España lidera esta iniciativa, que apoia a CE. Das 3.136 cidades europeas que participaron na pasada edición, 561 foron españolas, con 2.202 medidas permanentes presentadas.
Cerceda, a 11 de setembro de 2020.- Do 16 ao 22 de setembro celebrarase, un ano máis, a Semana Europea da Mobilidade co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre as negativas consecuencias que ten o uso irracional do coche na cidade e os beneficios que reportan alternativas tales como camiñar, desprazarse en bicicleta ou en transporte público.
Nesta ocasión, o lema da campaña elixido pola Comisión Europea é “Por unha mobilidade sen emisións”, reflectindo así o ambicioso obxectivo de alcanzar a neutralidad climátic apara o ano 2050, tal e como se recolle no Pacto Verde Europeo, resaltando tamén a importancia da accesibilidade a sistemas de transporte de cero emisións e a promoción dun sistema inclusivo para todas as persoas.
ESPAÑA, LÍDER EN PARTICIPACIÓN
Desde fai moitos anos, España lidera a participación na Semana Europea da Mobilidade. Das 3.136 cidades europeas que participaron na pasada edición, 561 foron españolas, con 2.202 medidas permanentes presentadas.
Neste sentido, habería que destacar a activa participación da sociedade civil, organizacións sociais, institucións e empresas, que realizan durante esta Semana distintas actividades relacionadas coa mobilidade sostible para concienciar aos cidadáns, nas súas áreas de influencia, sobre o beneficio individual e colectivo do cambio de comportamento á hora de elixir un modo de transporte non contaminante.
A Semana Europea da Mobilidade 2020 xurdiu en Europa en 1999 e, a partir do ano 2000, contou con o apoio da Comisión Europea.
Fonte e imaxe: MITECO