- Os resultados do II Barómetro de Condutas Sostibles de Aqualia apuntan a que, entre as prácticas máis estendidas, están as de manter xanelas e portas ben pechadas cando se acende a calefacción, non abrir a miúdo o forno cando se cociña ou ducharse en lugar de bañarse
- E, entre as menos asumidas polos cidadáns. atópanse as de evitar a compra de produtos envasados en plástico, utilizar un barreño para recoller a auga da ducha antes de que saia quente e dispoñer de coche eléctrico ou planificar a súa compra
Cerceda, ao 23 de decembro de 2022.- Os resultados da segunda onda do Barómetro de Condutas Sostibles elaborado por Aqualia a partir dos datos extraídos do seu Sosteniblómetro (primeiro medidor de condutas e hábitos sostibles, que puxo en marcha en xaneiro de 2022) evidencian unha maior preocupación dos cidadáns polo medio ambiente e o elevado custo enerxético.
O segundo barómetro, que recompila as respostas dos participantes aos case 9.000 test realizados, que se incrementaron nun 300% respecto da franxa anterior (19 de xaneiro-30 de maio), reflicte a preocupación da poboación polos altos prezos enerxéticos, o que leva a máis do 95% das persoas consultadas a ter xanelas e portas ben pechadas cando acenden a calefacción, a non abrir a miúdo o forno cando cociñan ou a ducharse en lugar de bañarse.
Con todo, só o 21,8% dos participantes afirma dispoñer de coche eléctrico ou planificar a súa adquisición durante o próximo ano, e só o 23% recoñece recoller nun barreño a auga da ducha antes de que saia quente para utilizala máis tarde. Así mesmo, tan só o 25% asegura evitar a compra de produtos envasados en plásticos.
SOSTENIBLÓMETRO: UNHA FERRAMENTA PARA DIFUNDIR HÁBITOS SOSTIBLES
O sosteniblómetro de Aqualia achega información de interese sobre as accións que a cidadanía ten máis ou menos adquiridas na súa vida cotiá en canto a comportamento responsable e sostible.
Trátase dunha iniciativa que busca difundir e promocionar a adopción de pequenos hábitos que poden impactar positivamente na nosa contorna máis próxima. Aqualia lembra que se trata dun test con dez sinxelas preguntas a través do cal o usuario pode medir cuán sostible é no seu día a día, o que lle axudará, grazas ao resultado obtido, a reflexionar sobre que hábitos podería corrixir e como facelo.
Fonte: Aqualia
Imaxe: Pixabay