- A xornada online celebrarase entre as 16:30 e as 18:00 h, e os interesados en participar na mesma deberán inscribirse con carácter previo.
- O traballo referenciado correu a cargo de expertos de varios países integrados na denominada Red sin Desperdicio.
- O obxectivo desta iniciativa foi recompilar información sobre a xestión de alimentos durante o período de confinamento, utilizando para isto un cuestionario online cumprimentado polos cidadáns que, voluntariamente e de forma anónima, quixeron dar resposta ao mesmo.
Cerceda, a 21 de xullo de 2020.- Mañá, 22 de xullo, daranse a coñecer os principais resultados do estudo sobre hábitos alimentarios no marco da crise do COVID-19 e, máis concretamente, durante a fase de confinamento obrigado pola pandemia.
A presentación dos mesmos terá lugar a través dun webinar, que se celebrará entre as 16:30 e as 18:00 horas. Os interesados en formalizar a súa inscrición deben facelo a través desta ligazón https://forms.gle/DGH4TznaBRbHc8xo9
O traballo referenciado correu a cargo de expertos de varios países integrados na denominada Red sin Desperdicio, isto é, España, Portugal, Ecuador e Alemaña, e que traballan no sector agroalimentario desde distintos centros de investigación, universidades e administracións.
O obxectivo desta iniciativa foi recompilar información sobre a xestión de alimentos durante esta etapa de crise sanitaria sen precedentes, é dicir, como se organizou e planificou o menú familiar de cada día, que criterios se utilizaron para facer a compra, que produtos se utilizaron en maior medida para cociñar e como se xestionou o desperdicio de comida.
A análise contempla tamén os comportamentos cidadáns en distintos territorios (rural ou urbanos), a súa vinculación á situación laboral e aos condicionantes familiares.
Para recoller os datos utilizouse un cuestionario online en varios idiomas que estivo a disposición daqueles cidadáns que, voluntariamente e de forma anónima, quixeron dar resposta ao mesmo cun fin exclusivamente académico.
Saúdos, Departamento de Comunicación