- Ao redor de 2,5 millóns de festivaleiros poderán dar unha segunda vida aos seus envases grazas ás máis de 4.500 papeleiras de cores e os máis de 3.000 contedores amarelos e azuis que Ecoembes repartiu nestes recintos
- En 2022 recolléronse máis de 265 toneladas de envases que puideron ter unha segunda vida, cifra que se espera superar este ano
Cerceda, a 9 de agosto de 2023.- Os festivais de música son un dos principais atractivos do verán. Non obstante, gozar deles non é incompatible cos hábitos de consumo responsable, de concienciación e de coidado da contorna natural, como a reciclaxe.
Neste marco, Ecoembes colabora con preto de 40 festivais para achegar o xesto da reciclaxe ás máis de 2,5 millóns de persoas que asisten aos mesmos cada ano. Para isto, repartíronse nos recintos ao redor de 3.000 papeleiras amarelas e 1.500 azuis, así como máis de 2.000 contedores amarelos e 1.000 azuis.
Grazas ao compromiso do persoal organizador e dos espectadores, en 2022 recolléronse máis de 265 toneladas de envases que puideron ter unha segunda vida, cifra que se agarda superar este ano. En concreto, depositáronse preto de 200 toneladas de envases de plástico, latas e briks nas papeleiras e contedores amarelos, e 65 toneladas de envases de papel e cartón nas papeleiras e contedores azuis.
Ecoembes proporciona unha serie de consellos para converterse en eco-festivalero:
- Elixir un medio de transporte sostible para desprazarse ao festival. O tren, o autobús ou o coche compartido son as mellores opcións.
- Reducir a xeración de residuos na medida do posible. Por exemplo: se o festival ten fontes de auga, levar unha botella e enchela.
- Utilizar as papeleiras e os contedores para depositar os envases: amarelo para envases de plástico, latas e briks, e azul para envases de papel e cartón.
- Non tirar nada ao chan e respectar a contorna na que se celebra o festival.
- Sensibilizar e concienciar ao grupo de amigos/as
Fonte e imaxe: Ecoembes
Saludos, Departamento de Comunicación