- Só en marzo pasado, e coincidindo co inicio do confinamento, fixéronno un 20% respecto ao mes anterior.
- Ponse de manifesto que as procuras de enerxía verde aumentaron un 60% respecto do ano anterior. Pola súa banda, ao 80% dos entrevistados interésalles o medio ambiente e a sostibilidade, e ao 84% preocúpalles o cambio climático.
Cerceda, a 6 de maio de 2020.- Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Terra, que tivo lugar o pasado 22 de abril, Google presentou o informe Sostenibilidad energética: El usuario comprometido y la industria sobre tendencias nas procuras de medio ambiente e sostibilidade e que foi elaborado por analistas da compañía e a súa división de Surveys.
Deste documento dedúcese que as procuras dos españois sobre medio ambiente en Google aumentaron ao redor do 135 % nun ano, e só en marzo pasado, coincidindo co inicio do confinamento, fixérono un 20% respecto ao mes anterior.
Conforme ás conclusións do sondeo (relativo ao período comprendido entre febreiro de 2019 e ese mes de 2020), e contemplando datos de 2.000 enquisados, ponse de manifesto que as procuras de enerxía verde aumentaron un 60% respecto ao ano anterior, mentres que ao 80% dos entrevistados interésalles o medio ambiente e a sostibilidade,,e ao 84% preocúpalles o cambio climático.
Durante o ano analizado os españois realizaron 130.000 procuras mensuais en Google relacionadas co cambio climático, a contaminación ou a enerxía verde, considerando o 78% como importante ou moi importante tomar medidas fronte á crise climática.
As procuras das principais solucións de enerxías alternativas rexistraron importantes crecementos respecto do ano pasado, co autoconsumo na cabeza, cun aumento do 60%, seguido das placas e baterías solares, que crecen un 20%, e a enerxía solar, un 18%.
Javier Laquidain, consultor analítico de Google e responsable do informe, manifestou no seu momento que aprézase “unha conciencia máis forte de consumidor sostible”. Segundo os datos, a procura dun proveedor de luz ou de gas máis ecolóxico é xa o principal motivo nun 11% dos casos para cambiar de compañía, aínda que o prezo continúa a ser prioritario para o 37%.
En canto ao perfil sociodemográfico, as mulleres superan lixeiramente aos homes no seu interese en torno ao medio ambiente, mentres que o 69% dos interesados non ten fillos. Non obstante, e a nivel xeral, a atracción pola temática é compartida “por todos os rangos de idade”.
Fonte: Gestores de Residuos
Imaxe: Pixabay