- No marco desta iniciativa europea que se desenvolve na área transfronteiriza Francia-España, publicáronse dous catálogos que presentan tecnoloxías innovadoras e novos modelos de negocio.
- Trátase de solucións coas que se pretende transitar cara á economía circular en ámbitos tales como a materia orgánica e os plásticos.
Cerceda, a 4 de agosto de 2020.- No marco do proxecto europeo ORHI, centrado no desenvolvemento da economía circular no sector agroalimentario, e que se desenvolve na área transfronteriza Francia-España, publicáronse dous catálogos que presentan tecnoloxías innovadoras e novos modelos de negocio. Isto foi posible tras caracterizar e diagnosticar os problemas comúns ás empresas emprazadas nos cinco territorios españois e franceses onde se atopan os socios do proxecto. Para iso realizáronse diversos talleres territoriais e transfronteirizos, así como visitas a feiras e eventos especializados en Europa e no resto do mundo.
En todo caso, trátase de solucións coas que se pretende transitar cara á economía circular na cadea de valor agroalimentaria en ámbitos tales como a materia orgánica e os plásticos.
As propostas inclúen, entre outras, iniciativas para a valorización de subprodutos orgánicos, valorización enerxética a pequena escala, tratamento de augas residuais e equipamento para alongar a vida dos alimentos frescos e reducir o desperdicio alimentario.
As tecnoloxías e modelos de negocio identificados xa se trasladaron a empresas dos cinco territorios participantes mediante catro talleres e outros tantos webinars.
O consorcio de entidades que forman o proxecto está composto por Saiolan , a Axencia de Desenvolvemento Económico da A Rioxa (ADER), o Instituto de Tecnoloxía ESTIA, Azaro Fundazioa, a asociación navarra AIN, CCI Baiona País Vasco, o cluster medioambiental de Euskadi Aclima, Apesa e Coop de France Occitanie.
ORHI foi cofinanciado ao 65% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V-A España-Francia-Andorra (POCTEFA 2014-2020).
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Proxecto ORHI