- A iniciativa europea, na que están representados 8 países e que aglutina a 20 institucións, busca transformar os residuos de envases plásticos en recursos de valor, dirixindo os seus esforzos cara á innovación tecnolóxica.
- O proxecto contempla o desenvolvemento de contedores intelixentes para potenciar a recollida selectiva de envases, optimizar as rutas de transporte e mellorar as tecnoloxías de clasificación e reprocesamento.
- Durante os 19 meses de percorrido desta iniciativa europea, desenvolvéronse distintas innovacións ás que se dará forma nun proxecto piloto que se desenvolverá nas cidades de Alba Iulia, en Romanía ; Utrecht, en Holanda; e Valencia.
Cerceda, a 5 de febreiro de 2019.- TheCircularLab, o centro de innovación en economía circular de Ecoembes e con sede en Logroño, acolleu en datas recentes a reunión xeral do proxecto “PlastiCircle”, unha iniciativa europea na que están representados 8 países, aglutinando a 20 institucións, e cuxo obxectivo é aplicar a economía circular aos envases plásticos.
A pretensión de PlasticCircle é converter os residuos de envases plásticos en recursos de valor (pezas de automóbiles, teitos, membranas, mobiliario urbano, etc), dirixindo os seus esforzos cara á innovación tecnolóxica.
Neste marco, o proxecto contempla o desenvolvemento de contedores intelixentes para potenciar a recollida selectiva de envases, optimizar as rutas de transporte e mellorar as tecnoloxías de clasificación e reprocesamiento.
Durante os 19 meses de percorrido desta iniciativa europea, innovouse no ámbito da recollida de residuos. Así, xa están dispoñibles os contedores intelixentes nos que a Sociedade de Agricultores de La Vega (SAV) e ITENE estiveron traballando, sendo dotados con sensores de volume e etiquetadoras para que os cidadáns poidan identificar as súas bolsas e participar nos pilotos de validación.
Adicionalmente, o centro tecnolóxico ITENE encargouse de mellorar os softwares para controlar as rutas de recollida e optimizalas segundo o modo de condución para aforrar combustible e tempo durante os desprazamentos.
Pola súa banda, PICVISA, outro dos socios do proxecto, encargouse de perfeccionar os softwares de detección óptica para propiciar unha separación máis precisa dos plásticos.
Todas as innovacións transformaranse nun proxecto piloto que se desenvolverá nas cidades de Alba Iulia, en Romanía ; Utrecht, en Holanda; e Valencia.
O fin último das distintas accións é lograr, no ámbito dos residuos de envases plásticos, maiores taxas de reciclaxe, maior calidade e materias primas secundarias máis baratas, así como unha mellor recuperación dentro da mesma cadea de valor.
Fonte: www.thecircularlab.com
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación