- O fío final é o resultado da mestura das redes de pesca recuperadas con outros materiais reciclados.
- A partir do mesmo desenvólvense artículos tales como riñoneiras, viseiras e mochilas tipo saco, aptas para calquera actividade diaria.
- Esta iniciativa trae consigo unha importante diminución do uso de materiais non renovables, así como unha redución das emisións de CO2.
Cerceda, a 27 de xullo de 2020.- Se ben os millóns de toneladas de lixo que cada ano acaban no mar proceden na súa meirande parte de actividades terrestres, o certo é que se calcula que un 20% dos materiais que o conforman teñen a súa orixe en actividades mariñas como a pesca.
O proxecto SARETU, promovido pola Asociación Bermeo Tuna World Capital, coa colaboración da compañía pesqueira vasca de túnidos Echebastar, o centro tecnolóxico AZTI e a empresa téxtil Ternua, busca dar unha segunda vida ás redes e aparellos de pesca abandonados, perdidos ou descartados que se acumulan nos océanos.
Para conseguilo, SARETU articúlase en catro fases diferenciadas. A primeira consiste en almacenar as redes atuneiras de cerco que chegan ao final da súa vida útil no porto de Seychelles, principal base da actividade pesqueira dos grandes buques atuneiros que faenan no Océano Indico. Acto seguido, procédese a acondicionar estas redes para que poidan ser sometidas a reciclaxe mecánica e convertidas en fío ECONY, pasando xa á etapa de produción. O fío final é o resultado da mestura das redes de pesca recuperadas con outros materiais reciclados (por exemplo, as alfombras).
Finalmente, créanse tecidos iniciando, a partir dese momento, o proceso de deseño e desenvolvemento de artículos. É o caso de riñoneiras polivalentes, cómodas e lixeiras para o seu uso en actividades como trekking, sendeirismo, etc; tamén viseiras, confortables e moi transpirables; así como mochilas tipo saco, aptas para calquera actividade diaria.
O informe ambiental desta iniciativa apunta a 3.670 quilos de redes recuperadas, cunha redución de gases de efecto invernadoiro de 130.932 kg de CO2 equivalente e unha diminución do uso de materiais non renovables (61.829 kg de petróleo equivalente).
Fonte e imaxe: https://www.bermeotunaworldcapital.org/saretu/