- No mesmo participa AIMPLAS, xunto con outros 25 socios, sendo o seu obxectivo converter os residuos orgánicos urbanos en recursos tales como aditivos alimentarios, condimentos, proteínas de insectos, bioetanol, biosolventes e bioplásticos para envases, entre outros.
- Con esta iniciativa preténdese tamén lograr un cambio de comportamento nos cidadáns e comunidades locais a través da mellora da percepción que actualmente teñen dos refugallos orgánicos ao visualizalos como recursos.
- O cometido de AIMPLAS consistirá na obtención de envases plásticos a procedentes de fontes renovables, concretamente a partir de PHA obtido de residuos de café e aceite usado.
Cerceda, a 29 de novembro de 2019.- O Instituto Tecnolóxico do Plástico (AIMPLAS) forma parte dun proxecto europeo cuxo obxectivo é converter os residuos orgánicos urbanos en recursos tales como aditivos alimentarios, condimentos, proteínas de insectos, bioetanol, biosolventes e bioplásticos para envases, entre outros.
Financiado polo programa Horizonte H2020, terá unha duración de 42 meses e no mesmo participan 26 centros de investigación, autoridades locais, empresas e redes de cidades.
Con esta iniciativa preténdese lograr un cambio de comportamento nos cidadáns e comunidades locais a través da mellora da percepción que actualmente teñen dos residuos orgánicos ao visualizalos como recursos, circunstancia que propiciará unha maior participación da poboación na recollida selectiva desta fracción.
O proxecto servirá tamén como plataforma para o desenvolvemento de novos modelos de negocio produtivos a fin de levar ao mercado as solucións tecnolóxicas aportadas e os produtos finais resultantes.
Asesorarase igualmente ás administracións locais a fin de que adopten novos modelos de organización a favor da valorización de residuos orgánicos urbanos, así como recomendacións baseadas en evidencias de políticas a nivel europeo para a toma de decisións.
O cometido de AIMPLAS no proxecto consistirá na obtención de envases plásticos procedentes de fontes renovables, concretamente a partir de PHA obtido de residuos de café e aceite usado.
Para iso, formularase o PHA para que sexa procesable mediante extrusión e, máis tarde, fabricarase a lámina e o envase termoconformado.
O proxecto ten unha duración de 42 meses e no mesmo participan 26 centros de investigación, autoridades locais, empresas e redes de cidades:
SOBRE AIMPLAS
AIMPLAS é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo actuar como socio tecnolóxico das empresas vinculadas co sector do plástico ofrecéndolles unha solución integral e personalizada mediante a coordinación de proxectos de I+D+i e servizos tecnolóxicos (análises e ensaios, asesoramentos técnicos, formación e intelixencia competitiva e estratéxica).
Fonte e imaxe: AIMPLAS
Saúdos, Departamento de Comunicación