- Como non podía ser doutro xeito, a crise do COVID-19 marcou un antes e un despois na axenda de traballo deseñada inicialmente para este programa, polo que o planning establecido tivo que modificarse e adaptarse ás novas circunstancias.
- Ata mediados do pasado mes de marzo, educadores de Sogama realizaron dúas visitas presenciais de seguimento para coñecer o estado de cada proxecto escolar e axudar aos centros a complementar o seu labor.
- Tralo impacto da pandemia, seguiuse traballando cos colexios de forma virtual.
Cerceda, a 17 de xullo de 2020.- O programa “Recíclate con Sogama” 2019-2020 chegou ao seu fin. En días pasados concluíu o prazo para que os 25 centros educativos de primaria adscritos ao mesmo presentasen as memorias dos seus proxectos a través da aplicación informática do Plan Proxecta, marco no que se desenvolve esta iniciativa.
Como non podía ser doutro xeito, a crise do COVID-19 supuxo un antes e un despois na axenda de traballo deseñada inicialmente para este programa, polo que o planning establecido tivo que modificarse e adaptarse ás novas circunstancias.
Non obstante, os cimentos estaban xa colocados a principios de curso coa dotación, por parte de Sogama, dos medios materiais necesarios para que os colexios puidesen levar a cabo o seu labor. É o caso das illas de reciclaxe, conformadas por tres contedores (amarelo, azul e verde) de 120 litros cada un para que a comunidade educativa puidese segregar os residuos en orixe e propiciar o seu posterior reciclado, así coma os composteiros, subministrados naquelas escolas que contan con servizo de comedor e terreo (horta ou xardín) no que aplicar o compost resultante.
Así mesmo, realizáronse sesións formativas presenciais en todos os colexios e enviáronse aos mesmos recursos didácticos e divulgativos en soporte dixital (unidades didácticas, presentacións, vídeos, xogos, etc) a fin de que profesorado e alumnado puidesen contar coa información e os coñecementos necesarios para levar a cabo unha xestión máis sostible dos residuos.
Ata mediados do pasado mes de marzo, educadores de Sogama realizaron dúas visitas presenciais de seguimento para coñecer o estado de cada proxecto escolar e axudar aos centros a complementar o seu labor. Tralo impacto da pandemia, seguiuse traballando cos colexios de forma virtual. Para isto Sogama deseñou actividades concretas a través da súa plataforma www.cadernoverde.gal, propiciando que os pequenos puidesen seguir traballando desde as súas casas e aplicasen o principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) coa mesma dilixencia que nas aulas.
Sogama procedeu xa á avaliación de todas e cada unha das memorias aportadas polos centros.
CENTROS PARTICIPANTES
25 en total: 4 colexios pertencentes á provincia da Coruña, 13 á de Pontevedra, 6 á de Ourense e 2 centros pertencentes á provincia de Lugo.
Provincia da Coruña:
- CEIP Milladoiro, de Malpica de Bergantiños.
- CEIP Plurilingüe Unión Mugardesa, de Mugardos.
- CEIP de Ponzos, de Ferrol.
- CEIP Manuel Fraga Iribarne, de Cariño.
Provincia de Pontevedra:
- CEIP Santo André de Xeve, de Pontevedra.
- CEIP Plurilingüe Paraixal, de Vigo
- CEIP Pérez Viondi, da Estrada
- CEIP Plurilingüe Florida, de Sanxenxo
- CEIP Fonte Escura, de Vigo
- CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro, de Vigo
- CEIP Plurilingüe Souto-Doas, de Gondomar
- CEIP Plurilingüe Javier Sensat, de Vigo
- CEP Santa Mariña, de Redondela
- CEIP Plurilingüe de Guillarei, de Tui
- CEIP San Tomé, de Cambados
- CEIP Virxe do Rocío, de Vigo
- CEIP Plurilingüe da Carrasqueira, de Vigo
Provincia de Lugo:
- CEIP de Currelos, de O Saviñao
- CEIP Otero Pedrayo, de Rábade
Provincia de Ourense:
- CEIP Manuel Sueiro, de Ourense
- CEIP Bibei, de Viana do Bolo
- CEIP Plurilingüe Ribadavia, de Ribadavia
- CEIP Saco e Arce, de Toén
- CEIP Plurilingüe María Inmaculada, de Verín
- CEIP Virxe da Pena da Sela, de O Irixo
Saúdos, Departamento de Comunicación