- Así o deu a coñecer APEAL (Asociación de Produtores Europeos de Aceiro para Envases), quen abundou no carácter circular deste material, xa que pode reciclarse unha e outra vez sen que perda calidade.
- Isto significa que máis de 8 de cada 10 artigos de aceiro postos no mercado da UE transformáronse en novos produtos de aceiro.
Cerceda, a 5 de maio de 2020.- Segundo datos de APEAL relativos a 2018 (Asociación de Produtores Europeos de Aceiro para Envases), a reciclaxe de envases de aceiro alcanzou un novo récord chegando ao 82,5%, o que significa que máis de 8 de cada 10 artigos de aceiro postos no mercado da UE ese ano recicláronse en novos produtos de aceiro.
A xuízo de Alexis Van Maercke, secretario xeral de APEAL, isto vén a demostrar que o aceiro para empaquetado é unha solución probada e sostible, axeitada para unha economía circular do século XXI”, ao que engadiu que “o aceiro é circular por deseño; as súas propiedades magnéticas fan que sexa fácil de recolectar, coa particularidade de que pode reciclarse unha e outra vez sen que perda calidade”. Neste marco, APEAL considera que o aceiro está mellor posicionado fronte a outros materiais para lograr os obxectivos do novo Plan de Acción de Economía Circular (CEAP 2.0).
Non obstante, a asociación considera que debe seguir incrementándose o esforzo por mellorar a recolección dos envases de aceiro en toda a UE, sendo a recollida selectiva a mellor forma de garantir un aporte de alta calidade nas operacións de reciclaxe. Un aporte de chatarra é un compoñente necesario para fabricar aceiro novo en calquera das máis de 500 plantas en Europa. En 2018 aforráronse máis de 4 millóns de toneladas de CO2 a través da reciclaxe, o equivalente a sacar 870.000 automóbiles da estrada durante un ano.
A metodoloxía e as fontes de datos utilizadas por APEAL para calcular a taxa de reciclaxe foron revisadas, auditadas e certificadas independentemente pola consultora especializada en enerxía e residuos, Eunomia.
Fonte: APEAL
Imaxe: Pixabay