- Este período sáldase coa reciclaxe de 456.750 toneladas de residuos de envases de vidro: 425.083 a través da achega cidadá mediante o iglú verde (34 envases por habitante) e as 31.667 restantes a través das plantas de tratamento de residuos urbanos.
- A entidade levou a cabo 27 estudos de mellora en contenerización e ampliou o parque de contedores en 3.977 unidades en distintas localidades, dando continuidade ás accións dirixidas ao sector hostaleiro.
- Este SIX ten en vigor 46 servizos de recollida ‘porta a porta’ para a hostalaría con 7.200 locais adheridos en todo o país, posibilitando con isTo a recollida de residuos de envases de vidro en zonas con alta densidade hostaleira e de difícil acceso.
Cerceda, a 15 de xullo de 2019.- No primeiro semestre deste ano, Ecovidrio xestionou o reciclado de 456.750 toneladas de residuos de envases de vidro procedentes do iglú verde e das plantas de residuos urbanos (RU), cifra que representa un crecemento do 8,3% respecto ao mesmo período do pasado ano. Desta cantidade, os españois contribuíron á reciclaxe de 425.083 toneladas a través do iglú verde situado nas vías públicas, o que equivale a 34 envases de vidro por habitante.
As 31.667 toneladas de residuos de envases de vidro restantes procederon das plantas de residuos urbanos, configurándose como un proxecto pioneiro en Europa que permite reciclar os envases que o cidadán depositou incorrectamente no contedor convencional, evitando desta forma que acaben en vertedoiro.
Tamén durante o primeiro semestre leváronse a cabo 27 estudos de mellora en contenerización e ampliouse o parque de contedores en 3.977 unidades en distintas localidades.
Así mesmo, deuse continuidade ás accións dirixidas ao sector hostaleiro, que xera aproximadamente o 50% dos residuos de envases de vidro dun só uso que se comercializa. Ecovidrio visitou durante este período a máis de 32.000 establecementos para sensibilizar na materia e entregou 20.400 cubos para facilitar a separación en orixe destes envases.
Pola súa banda, este SIX ten en vigor 46 servizos de recollida ‘porta a porta’ para a hostalaría con 7.200 locais adheridos en todo o país, posibilitando con isto a recollida de residuos de envases de vidro en zonas con alta densidade hostaleira e de difícil acceso.
Grazas á reciclaxe dos envases de vidro depositados no iglú verde durante os seis primeiros meses do ano, os españois lograron evitar a emisión de máis de 282.986 toneladas de CO2, o equivalente a retirar da circulación 69.300 coches durante un ano, evitar a extracción de máis de 506.085 toneladas de materias primas e lograron aforrar 937.040 MWh de enerxía.
Fonte e imaxe: Ecovidrio
Saúdos, Departamento de Comunicación