- O sector implantou o pasado ano 269 medidas de ecodeseño para optimizar a sostibilidade dos seus envases, o que supuxo un aforro de 727.444 kg de materias primas, 1.284.654 m3 de auga e 17.809 Mw de enerxía.
Cerceda, a 18 de xullo de 2022.- O sector de produtos cárnicos e de charcutería continúa reforzando as súas estratexias para contribuír á protección do medio ambiente. Así, e grazas á reciclaxe de envases, aforrou 48.952 toneladas de CO2 en 2021, cifra que avala o constante compromiso desta industria coa sociedade grazas ao investimento e mellora constante da eficiencia e sostibilidade en todos os seus procesos produtivos.
Segundo os últimos datos de Ecoembes, as industrias cárnicas implantaron o pasado ano un total de 269 medidas de ecodiseño para optimizar a sustentabilidade dos seus envases, o que supuxo un aforro de 727.444 quilogramos de materias primas, 1.284.654 metros cúbicos de auga e 17.809 Mw de enerxía.
ANICE (Asociación Nacional de Industrias da Carne de España) destaca que a reciclaxe e a redución dos materiais utilizados están moi presentes nas estratexias ambientais das empresas cárnicas e que estas continuarán desenvolvendo e implementando políticas de I+D+i na dixitalización do sector, mellorando a súa conectividade, automatización e eficiencia na toma de decisións, así como a súa produtividade e sostibilidade.
Nesta área estase a traballar no reforzo da eficiencia enerxética nos procesos produtivos, o investimento en enerxías renovables, a xestión da auga, a valorización dos subprodutos e residuos de distinta natureza, e o desenvolvemento de estratexias de ecoinnovación para substituír os materiais de orixe fósil por outros de orixe renovable, especificamente os bioplásticos reciclables e biodegradables.
A tal fin, ANICE e ECOEMBES elaboraron a Guía para a elección sostible dos envases da industria cárnica, cuxo obxectivo é fomentar e promover a reciclaxe dos envases e mellorar o deseño destes para reducir o seu impacto ambiental.
Fonte: IDE
Imaxe: Pixabay